Na Aula CeMIT de Burela comeza o prazo para inscribirse en 2 cursos multimedia e audiovisual que se impartirán na aula do concello. O primeiro dos cursos será o de “Streaming de audio e vídeo” que comezará o 17 de setembro e finalizará o día 20 do mesmo mes con 15 horas de duración. O segundo, o curso de “Produción audiovisual” iniciarase o 24 de outubro, rematará o 15 de novembro e constará de 60 horas de duración. O prazo de inscrición rematará o vindeiro 24 de maio. Poden solicitar máis información na Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es