O MÉRCORES PRESÉNTANSE EN SANTIAGO AS XORNADAS TÉCNICAS EXPOMAR 2012 E O ENCONTRO EMPRESARIAL E DE ORGANIZACIÓNS PESQUEIRAS QUE SE CELEBRARÁN EN BURELA A VINDEIRA SEMANA.
Na rolda de prensa comparecerán: Juan Carlos Maneiro, secretario xeral do Mar da Xunta de Galicia; Pablo Fernández Asensio, xefe de coordinación da Área do Mar; José Mª González Barcia, presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela e Patricia López Eijo, secretaria da Fundación Expomar e concelleira do Mar en Burela. Ao acto asistirán como convidados representes da confraría de pescadores de Burela, de Armadores de Burela, da Capitanía Marítima Provincial, da O.P.P. 07, da Federación de Confrarías de Lugo, de Astilleros Armón e da Fundación Expomar, entre outros.
Tanto Absa, como a confraría de pescadores e Capitanía Marítima forman parte do comité organizador das xornadas técnicas que terán lugar o 10 e o 11 de maio en Burela.
Ao longo da segunda semana do presente mes de maio a vila será escenario de diversas actividades vinculadas ao mundo do mar. Ademáis das xornadas técnicas Expomar 2012 Burela será escenario o día 12 do VI Encontro de Palilleiras, que se desenvolverá na nave de redes. Esta cita está organizada pola Fundación Expomar e pola asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras de Burela. Do encaixe e das súas vinculacións co mundo do mar falará a directora da Mostra do Encaixe de Camariñas, Mª Dolores Lema Mouzo, que pronunciará unha conferencia en Burela o vindeiro 9 de maio. Mª Dolores Lema Mouzo falará sobre As orixes do encaixe de Camariñas e a súa comercialización: unha actividade á beira do mar. A charla será ás 19 horas no salón de conferencias da antiga biblioteca. Mª Dolores Mouzo acudirá a Burela acompañada pola concelleira de Encaixe e Turismo de Camariñas, Sandra Insúa Rial.
Pxom
González Barcia tamén manterá mañá, 2 de maio, en Santiago sendas reunións en Augas de Galicia e en Portos de Galicia para abordar aspectos relativos ao Plan Xeral de Ordenación Municipal. Un dos temas a analizar será a nova EDAR programada na zona portuaria.