Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE de Ribadeo presentou unha alegación ao PXOM relativa ao Camiño de Santiago

O PSdeG-PSOE acaba de presentar a segunda das suas alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal, neste caso relativa ao Camiño de Santiago. A primeira, de comezos de mes, trataba do que os redactores do Plan chaman “do Pontigo”. O portavoz municipal, Eduardo Gutiérrez, asegurou que non vai ser a última e animou aos veciños a revisar a documentación que agora mesmo está en fase de información pública. “Pola nosa parte –dixo–, o que facemos é presentar alegacións de carácter xeral, que afectan a zonas ou intereses xerais. E realmente deben verse como aportacións, neste caso concreto e tamén na anterior alegación, trátase dun argumentario para discutir co órgano correspondente da Consellaria de Cultura, prescripcións cheas de erros e basedas moitas veces en improvisacións e xuizos aproximativos”.

T e x t o d a a l e g a c i ó n

Alegación á Ordenanza sobre o Camiño de Santiago

Eduardo Gutiérrez Fernández, D.N.I. Nº 33.802.840 Q, concelleiro do PSdeG-PSOE, e Balbino Pérez Vacas, D.N.I. Nº 76.538 W e Jorge Díaz Freije, D.N.I. Nº 33.997.293 G. ambos da Comisión Executiva Local do PSdeG-PSOE, con domicilio a efectos de notificación , na sé da Agrupación Socialista de Ribadeo, rua Viejo Pancho, 16 baixo, presentan a seguinte

Alegación ás Odenanzas relativas ao Camiño de Santiago, Titulo IV, capítulos I e II da normativa e as correspondentes Fichas do Catálogo de Protección do PXOM, cuxo segundo período de información pública foi aprobado na sesión plenaria do Concello do día 23 de marzo de 2012

En xeral, o itinerario do Camiño de Santiago en Ribadeo, o chamado Camiño Norte, réxese polo disposto na Lei 3/1996 de 10 de maio de protección dos Camiños de Santiago, un texto xeralista con trinta artigos, unha disposición adicional, tres disposicións transitorias e unha derogatoria. No artigo 17 afírmase que a Consellaria de Cultura redactará un plan especial de protección e promoción do Camiño, pero disto van xa dezaseis anos, sen que de tal texto haxa nen sequer un lixeiro olor. Consecuentemente é a Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a que establece as normas e prescripcións a aplicar en cada caso.

O primeiro que chama poderosamente a atención é que con tan enxoito marco normativo se deriven obrigas dun alcance absolutamente desmesurado, sen dispoñer dun estudo serio e competente non xa do Camiño concreto, senón dos itinerarios medievais e tradicionais en Ribadeo e na antiga provincia de Mondoñedo, como queda acreditado na correspondente Ficha do Catálogo de Protección, que inclue un texto procedente da Dirección Xertal do Patrimonio Cultural, abondoso en xeralizacións e nas lendas tradicionais propias da idade media, como a sonada peregrinación de San Francisco, a alusión aos constantes cambios nos itinerarios e, en xeral, ás suposicións como queda patente na redacción, en tempos verbais sempre condicionais. O propio texto recoñece a “indefinición” á hora de fixar as rutas. En canto ao trazado polo casco urbano de Ribadeo, xa fixemos algunha alusión na alegación á Ordenanza do chamado impropiamente ‘bairro do Pontigo’. Pero hai que engadir que nos planos sinalan que o camiño ascendia cara o centro urbano pola rua Amando Pérez (antes rua da Paz), cando realmente o itinerario usual teria que ser a actual rua de Antonio Otero (antes rua de Ares Ares).

O artigo 455.1 das Normas do PXOM senta que os proxectos de urbanización, plans sectoriais, parciais e calquer outra figura de planeamento que inclua o Camiño do Norte “e os seus contornos de protección, deberá obter o informe favorable da Administración autonómica competente na materia”. O parágrafo remata decindo que “A variante establecida ao paso do camiño polo sistema xeral RV-2 de Ribadeo ten carácter trasitorio, mentres non se repoña o seu trazado orixinal” Pero é que tal trazado non está nada claro. Téñase en conta, tal e como sinalamos nas Alegacións ao Catálogo, que neste itinerario pensan que a ponte feita sobre a via do antigo tren mineiro, era para que circulara o tren e non para salvar a vía. No apartado 2 do mesmo artigo figuran as normas de protección: tres metros de protección integral e un ámbito de protección do entorno de 100 metros. Igualmente inclue determinacións restritivas para o solo non consolidado e urbanizable e os plans de desenvolvimento esixen o informe favorable da Consellaria de Cultura.

Así pois, esta alegación que presentamos, é sumamente crítica coa Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e, por conseguinte, coa traslación á normativa dunhas determinacións absolutamente vertoláns e fomentadoras de inseguridade xurídica, que non deben ser aceptadas, senón discutidas directamente cos responsables e, de non ser así, nos órganos xurisdicionais competentes. Non estaría de máis entrar en contacto con outros Concellos con problemática semellante, a través da Federación Galega de Municipios e Provincias, entidade que debera previamente encargar un ditame sobre a pertinencia legal de tal normativa.

Exit mobile version