Site icon Crónica3.com A Mariña

Rajoy gaña a Rato



RAJOY 4 RATO 0

Os camiños de Rajoy e de Rato non deixan de separarse. O “xenio” da recuperación económica de España, da integración no Euro e do pelotazo do ladrillo con Aznar, o triunfador no Fondo Monetario Internacional, iso si, dimitido a medio camiño, e o banqueiro da todopoderosa Caixa Madrid de Esperanza Aguirre perde de nova fronte ao escuro, morno e melancólico galego que non pasou de ministro pero a terceira veu a vencida, chegou a ser presidente do Goberno.
Rato quedou de novo onte a expensas de Rajoy, nas súas mans. Rajoy e o seu círculo tíñanlla xurada. Rato xogou por detrás de Aznar na sucesión que gañou Rajoy. Xogou en contra do líder do PP en 2008 creando unha fronte común no famoso Congreso de Valencia e xogou coa presidenta da Comunidade de Madrid a crear un contrapoder con Bankia.
O emporio Bankia é un fracaso estrepitoso cuxo único responsable visible é Rato. Rajoy está disposto a tragarse o sapo de outra promesa electoral para salvar os mobles ao banco, pero non a Rato. O presidente do Goberno esixiulle, como el o fai, á galega, unha saída airosa: a súa dimisión: e Rato, de novo, agacha a cabeza.

Otero Regal

Exit mobile version