UNIDADE DIDÁCTIVA PARA A VISITA GRATIS DA EXPOSICIÓN CARLOS OROZA
POETA
HOMENAXE EXPOSICIÓN
do 27 de abril ao 30 de xuño do 2012
REGALXUNQUEIRA
COMPLEXO CULTURAL
PREMIO NACIONAL DE ARTESANÍA
DO MINISTERIO DE INDUSTRIA 2011
CAMIÑO REAL 127. XUNQUEIRA. VIVEIRO LUGO.
TFNO: 982562589 FAX: 982560406
e-mail: ceramica@oteroregal.com
aberto tódolos días de 10-2 e de 4 a 8.
1. Introducción
A Exposición homenaxe é parte dunha reflexión de como a poesía e o arte contemporáneo deben saír á rúa para achegarse mais aos cidadáns e romper as barreiras que o separan do público masivo.
Engadimos aquí unha pequena biografia de Carlos Oroza que tamen podedes utilizala á hora de programar a visita:
CARLOS OROZA
Carlos Oroza é un poeta en lingua castelá, naceu en Viveiro, Lugo, en 1931. É coñecido principalmente pola interpretación e performance da súa propia obra. Dita obra é escasa, frecuentemente reescrita e baseada en poemas de versos libres cun gran predominio do ritmo. É poesía para ser escoitada xa que o poeta declárase a favor da oralidade considerando aos libros “cemiterios de signos”.Nos anos sesenta fíxose famoso no ambiente literario-poético grazas á realización de múltiples recitais por toda España, adscritos en forma e contido aos da Xeración Beat. Son múltiples as entrevistas que lle nomean o Allen Ginsberg español. Francisco Limiar escribiu del que “[Carlos Oroza] era o poeta maldito do café Xixón, o bohemio do sesenta”. Nesa época fundou, xunto a Víctor Lizárraga e Vitoria Paniagua, a revista Tropos. Outorgóuselle en Nova York o premio internacional de Poesia Underground. Despois de vivir en Madrid, IBIZA e EE.UU. actualmente reside en Vigo. Recibiu diversas homenaxes sendo o máis destacado que un instituto de Ensino Secundario de Redondela que leve o seu nome, CIFP Carlos Oroza. Premio da Fundación Laxeiro, Homenaxe e publicación Audiovisual do MARCO de Vigo. Tres centros educativos dá zoa de Vigo levan ou seu nome Escola superior de Hostelería de Vigo, Instituto de Pontevedra e Cangas .
Obra publicada
Eléncar, (1974) (Tres Catorce Dezasete)
Cabalum, (1980) (Ediciós do Castro)
Alicia, (1985)
Unha porción de terra gris do norte, (1996)
No norte hai un mar que é máis alto que o ceo, primeira edición 1997,revisada e ampliada en 2005 (Deputación de Pontevedra).
A chama prestada, (1998)
Un sentimento ingrávido percorre o ambiente , (2006), Raiña Lupa e Yves Rivière
Preludio a Cabalum
Cabalum
Malu
(MARCO de Vigo)
Adxuntamos tamén algunhas páxinas web que poden ser do seu interes:
http://elpais.com/elpais/2011/10/23/actualidad/1319357819_850215.html
http://amando-arte.blogspot.com.es/2010/10/oroza-el-atlantico-en-la-bahia-de-vigo.html
http://carlosoroza.blogspot.com.es/
Para nutrir a exposición contamos de novo coa colaboración do coleccionista Santi Borrazas que nos presta parte do seu tesouro para que podamos achegarlle gratuítamente ao noso público o deleite de poder ver en persoa unha síntese moi completa da obra do poeta Carlos Oroza . Agardamos que o desfrutedes.
1. Ficha de traballo para o alumnado
Nome e apelidos:
Curso e grupo:
1. A primeira sorpresa dos poemas de Carlos Oroza e que non levan puntos nin comas, Como o xustifica o autor no documental Cabalum?
2. Cantas”Evas” dibuxou Villalobo na sua serigrafía?
3. Cantos exemplares se fixeron da Carpeta ALENCAR co poema longo do mesmo nome de Carlos Oroza, ilustrada por Gómez de Liaño e B. Morilla?
. 4. A que xornalista hoxe moi famosa adicou un poema no 1969 Carlos Oroza que di:
“….la libertad era un pepito de ternera/ compartido con Marcuse./ Nati… Nativel… Vietnamita… Surnamita…”
5. En un dos anacos do poema ALENCAR Carlos Oroza utiliza duas verbas en galego cando fala da sua casa ¿ quen ilustra ese anaco de poema e que se ve na ilustración?
6. Que di o texto poético do grabado de Renata Otero?
7. Na exposición existe un dibuxo a lápiz de Villalobo ¿Qué di a dedicatoria?
8. Na exposición existe un POEMA VISIVO ¿Cómo definirias este tipo defacer poesía?
8. Dous dos grabados de B.Morilla son sendos retratos. Quén é a persoa retratada?
10. COMO ERA VIVEIRO, Pregunta o xornalista? Un pueblo pequeño, como Cangas, pero desapareció. Nunca volví allí. Hay una cosa que dice que es muy bonita: no vuelvas nunca al lugar donde has sido feliz. Han desaparecido los árboles, ha desaparecido todo lo que fue entrañable en mi vida. La verdadera patria es la infancia. No es un estado de cosas, es la infancia. De la infancia yo conservo algo que ya no existe, de modo que es cierto: no regreses nunca. Volver destruye toda la nobleza que tienes instalada en tu memoria. A que atribue a frase “no vuelvas nunca al lugar donde has sido feliz” carlos Oroza? (Reche o espacio en Branco)
11. “No me inquiete/ No me perturbe pues / No me halague con suaves complacencias” E un anaco de poema de Carlos Oroza ilustrado para a exposición con un oleo de?
12. Tanto no documental como nos escritos, entrevistas o outro material exposto calificase como o poeta
“ beat” Que significa esa definición?
13. En un dos anacos de ALENCAR a ilustración é de Otero Regal, son tres caras Que colores utilizou?
14.Tres centros educativos da zoa de Vigo e Pontevedra levan o seu nome”Escola de hosteleria de Vigo
e sendos institutos en Redondela e Pontevedra, como recoñecemento publico. En Viveiro, donde naceu
ou na bisbarra existe algún centro educativo, rua ou calquer outro recoñecemento a quen califican como
“O mellor poeta vivo”
15.Na introdución do catalogo Martin Rivas califiaca a Carlos Oroza como “O MELLOR RAPSODA DE EUROPA”. Que e un Rapsoda?
16. No currículo exposto fala de dous premios atorgados a Carlos Oroza. Cales foron?
.
17.Carlos Oroza grabou un disco no 74, que na exposición temos exposto, e na tele escoitase a música “ “MALU” ¿Cal era o grupo que o acompañaba?
18. “A poesía é música….a poesía é ritmo” son verbas do poeta no documental Cabalum. ¿Cómo o aclara o artista?
19. O mar, a auga aparece moitas veces nos poemas de CARLOS OROZA un dibuxo tirado en serigrafia mostra a o poeta en unha praia. Quen e o artista?
20. No poema de EVAME MALU “Es de risa…..Me da pena” ilustrao unha fotografía de J. M. Moreno con un ollo. De qué animal é o ollo?
21. No panel dos recordos existe unha foto de principos da decada dos 70 de Carlos Oroza con outro prestixioso poeta galego do que era moi amigo , hoxe morto. ¿Quén é?
22. Ribeira fai un retrato debuxado nesta exposición. ¿Sobre que material o fixo?
23. O escritor e Presidente da REAL ACADEMICA GALEGA fai a introdución do catalogo da mostra ¿Cál é o seu nome?
24. CARLOS OROZA naceu en Viveiro, na rua de Lourdes. En que ano?
25. Cal foi o poema ou anaco de poema de Carlos Oroza que mais che gustou e por que?
26. Cal foi a imaxe que mais che chamou a atención nesta exposición e porqué?
4. Indicacións para o profesorado.
Contidos que se poden traballar no aula previamente e que forman parte da unidade que complementa a visita á exposición:
Objetivos
1. Despertar ou desarrollar no alumnado o gusto pola poesía
2. Dar a coñecer algunhos poemas de Carlos Oroza.
3. Familiarizar ao alumnado coa creación poética contemporánea por medio da obra escrita e recitada de Carlos Oroza.
4. Favorecer a creatividade e a capacidade comunicativa a propósito dos usos estéticos da lingua.
5. Desenrolar a visualización e creación entre a plástica e a creación poética.
6. Descubrir un persoaxe sobranceiro da nosa cultura hoxe totalmente olvidado no ámbito social, político e cultural da bisbarra, ao igual que sucedeu no seu día con outra artista nacida aquí: Maruja Mallo.
Aptitudes que se van a adesenrrolar con esta unidade didáctica:
– Gusto pola experiencia poética.
– Valoración positiva e xusta da creación poética e artística.
– Familiarización coa terminoloxía da poesía contemporánea e da creación plástica.
Tempo aproximado da visita:
Audiovisual, explicación e resolución da ficha de traballo: 60-90 minutos
Indicada para os seminarios de lengua castellana, literatura e educación plástica e visual
Idades aconselladas:
Entendemos que calquera idade é boa para desfrutar da presente EXPOPSION- HOMENAXE A CARLOS OROZA . A ficha de traballo parte de conceptos moi básico que insisten na exploración tanto para alumnado de primaria como da ESO, BACHELLARATO e COU. lembrámoslles que avisando con antelación poden facer unha reserva para unha visita guiada. ese é o momento idóneo para explicar en qué dirección queren que os seus alumnos amplíen coñecementos.
Por exemplo :
caso 1: Vou levar un grupo de alumnado de 5º de educación primaria e interésame unha revisión de estilos poéticos e artísticos e vou aproveitar a súa exposición para elo.
caso 2: Vou levar un grupo de adolescentes de 3º e 4º da ESO e quero que aproveiten a visita para aprender mais sobre o poeta viveirense.
Lembrámoslles que é importante facer unha reserva para non coincidir con outros grupos e poder solicitar unha visita guiada se o requiren.
Ademais recordámoslles que nas nosas instalacións poden desfrutar ademais dun pequeno pero completo MUSEO DA PEL ( lembren que o espacio que ocupamos antano era unha curtidoría de pel donde entre outras cousas elaboraban calzado), e o MUSEO DA CERAMICA.
Se queren mais información sobre opcións de visita, visitas guiadas, programa do centro didático etc etc poden consultarnos ao respecto: visitar a nosa web. enviarnos un fax ou chamarnos por teléfono en horario de oficina.
Para rematar, e tendo en conta que as visitas son de balde, pregamos especial respeto á actividade e as nosas instalacións.
www.oteroregal.com
TFNO: 982562589 FAX: 982560406
e-mail: ceramica@oteroregal.com
Ficha coas respostas para o profesorado
a. A primeira sorpresa dos poemas de Carlos Oroza e que non levan puntos nin comas, Como o xustifica o autor no documental Cabalum?
“El poema no se defiende con puntos y comas…se defiende con el canto…el canto es libre…la musicalidad es libre…..
2. Cantas”Evas” dibuxou Villalobo na sua serigrafia?
32
3. Cantos exemplares se fixeron da Carpeta ALENCAR con o poema longo do mesmo nome de Carlos Oroza lustrada por Gómez de Liaño e B.Morilla?
500 exemplares
. 4. A que xornalista hoxe moi famosa adicou un poema no 1969 Carlos Oroza que di:
“….la libertad era un pepito de ternera/ compartido con Marcuse./ Nati… Nativel… Vietnamita… Surnamita…”
Nativel Preciado
9. En un dos anacos do poema ALENCAR Carlos Oroza utiliza duas verbas en galego cando fala da sua casa ¿ quén ilustra ese anaco de poema e que se ve na ilustración?
J.M.Moreno , a capela de San Roque en Viveiro…
6. Que di o texto poético do grabado de Renata Otero?
Una marea blanca / Una tierra mas alta/ Una frente sin rumbos.
7. Na exposición existe un debuxo a lápiz de Villalobo ¿Qué di a dedicatoria?
Para Santiago Boibeiro Vigueso.
8. Na exposicion existe un POEMA VISIVO ¿Cómo definirias este tipo defacer poesía?
Un poema cadro utilizando os textos de ALENCAR e formando unha composición xeométrica
9. Dous dos grabados de B.Morilla son sendos retratos. Quen é a persoa retratada?
Carlos Oroza na decada dos 70.
10. COMO ERA VIVEIRO, Pregunta o periodista? Un pueblo pequeño, como Cangas, pero desapareció. Nunca volví allí. Hay una cosa que dice que es muy bonita: no vuelvas nunca al lugar donde has sido feliz. Han desaparecido los árboles, ha desaparecido todo lo que fue entrañable en mi vida. La verdadera patria es la infancia. No es un estado de cosas, es la infancia. De la infancia yo conservo algo que ya no existe, de modo que es cierto: no regreses nunca. Volver destruye toda la nobleza que tienes instalada en tu memoria. A quén atribue a frase “no vuelvas nunca al lugar donde has sido feliz” carlos Oroza? (Rechee o espacio en Branco)
LEONARD COHEN.
11. “No me inquiete/ No me perturbe pues / No me halague con suaves complacencias” E un anaco do poema de Carlos Oroza ilustrado para a exposición con un oleo de?
Balbina L. Santos.
12. Tanto no documental como nos escritos, entrevistas o outro material exposto calificase como o poeta
“ beat” Que significa esa definición?
Refirese a un grupo de escritores estadounidenses da década dos cincuentas, algúns elementos definitorios son o rexeitamento aos valores clásicos, o uso de drogas, unha gran liberdade sexual e o estudo da filosofía oriental. Esta nova forma de ver as cousas deixou a súa principal influencia e legado na posterior contracultura ou movemento hippie.
13. En un dos anacos de ALENCAR a ilustración e de Otero Regal, son tres caras Que colores utilizou?
Roxo e negro.
14.Tres centros educativos da zoa de Vigo e Pontevedra levan o seu nome”Escola de hosteleria de Vigo e sendos institutos en Redondela e Pontevedra, como recoñecemento publico. En Viveiro, donde naceu ou na bisbarra existe algun centro educativo, rua ou calquer outro recoñecemento a quen califican como
“O mellor poeta vivo”
Non.
15.Na introdución do catalogo Martin Rivas califiaca a Carlos Oroza como “O MELLOR RAPSODA DE EUROPA”. Que e un Rapsoda?
Recitador de versos.
16. No currículo exposto fala de dous premios atorgados a Carlos Oroza. Cales foron?
Premio internacional de poesía Underground de Nova York e o Premio da Fundación Laxeiro.
17.Carlos Oroza grabou un disco no 74, que na exposición temos exposto, e na tele escoitase a música “ “MALU” ¿Cal era o grupo que o acompañaba?
ECLIPSE.
18. “A poesía é música….a poesia é ritmo” son verbas do poeta no documental Cabalum. ¿Cómo o aclara o artista?
Una sola palabra puede ser el origen del poema…los duendes musicales y los mantras ayudan a que se realice…para mi la musicalidad lo es todo…el ritmo, los tiempos…
19. O mar, a auga aparece moitas veces nos poemas de CARLOS OROZA un debuxo tirado en serigrafía mostra a o poeta en unha praia. Quen e o artista?
Villalobo.
20. No poema de EVAME MALU “Es de risa…..Me da pena” ilustrao unha fotografia de J.M.Moreno con un ollo. De que animal e o ollo?
De un cabalo.
21. No panel dos recordos existe unha foto de principos da decada dos 70 de Carlos Oroza con outro prestixioso poeta galego do que era moi amigo , hoxe morto. ¿Quen e?
Uxio Novoneira
22. Ribeira fai un retrato debuxado nesta exposición. ¿Sobre que material o fixo?
Unha xogara de pedra do Rio Landro.
23. O escritor e Presidente da REAL ACADEMICA GALEGA fai a introdución do catalogo da mostra ¿ Cal e o seu nome?
Méndez Ferrín.
24. CARLOS OROZA naceu en Viveiro, na rua de Lourdes. En que ano?
En algunhas biografias dise que no ano 1933, mais a documentación do Xuzgado de Viveiro datai en 1931.
25. Cal foi o poema ou anaco de poema de Carlos Oroza que mais che gustou e por que?
(resposta libre)
26. Cal foi a imaxe que mais che chamou a atención nesta exposición e porqué.
(resposta libre)