Site icon Crónica3.com A Mariña

Representantes do PP expoñen en Barreiros reformas do goberno do Estado

O PP de Lugo sae hoxe as rúas de tres Concellos lucenses para explica-la verdade das reformas do Goberno Central

.Barreiros, O Corgo e Baralla son os tres Concellos nos que se levarán a cabo hoxe as Asembleas Informativas

Lugo, 28 de maio de 2012.- Barreiros, O Corgo e Baralla son os tres Concellos nos que o Partido Popular de Lugo levará a cabo esta tarde as Asambleas informativas para explicar a verdade das reformas que está desenvolvendo o Goberno de Mariano Rajoy.

En Baralla darán conta destas medidas emprendidas polo goberno central, o Deputado Provincial e Rexedor deste concello da montaña, Manuel González Capón e a Deputada Nacional e Alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias. No Corgo, serán o Deputado Nacional, Joaquín García Díez, os Deputados Autonómicos, Isabel García e Daniel Varela e o Deputado Provincial e alcalde de Paradela, José Manuel Mato, os encargados de explicar as reformas. En Barreiros, serán o Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, o Deputado Nacional, Jaime De Olano, a Deputada Autonómica Emma Álvarez e o o Deputado provincial José Gómez Puente os que informarán da verdade destas reformas centrais.

O Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro asegura que algúns partidos están intentando alertar a poboación provocando inquietude, e moitas veces medo na cidadanía, cando son reformas para garantir o futuro das xeracións. Di Balseiro, que o Partido Popular sae a rúa para dar a cara e decir a verdade destas reformas, que son, malia que duras, necesarias para saír desta crise provocada por un goberno socialista. A diferencia dos que agora andan a manipular e alertar a cidadanía, nos saímos a rúa, damos a cara, e non agochamos a verdade, non facemos coma no seu momento fixo o goberno de ZP: agochar unha crise 8 anos- manifestou Balseiro.
Di o Secretario Xeral do PP en Lugo que é o PP o que ten que facer fronte a este contexto e é quen está tomando as medidas oportunas para garantir o futuro das xeracións que están por vir. Son unhas medidas necesarias para paliar esta crise económica herdada dun goberno socialista”-afirma.
Mañá terá lugar, ás 21:00h, na casa da cultura de Becerreá a Asemblea informativa para explicar a verdade das reformas e representantes de Novas Xeracións repartirán en Foz dípticos informativos

Exit mobile version