E xa ben comidos e bebidos dispuxémonos a xogar contra dos rivais e mais contra do frio nordés que nos acompañou toda a tarde. Canto mais sopraba él, mais forte resoaban os golpexos nas billardas que non sempre seguían o rumbo desexado. Semellaban volvoretas sin control as mais das veces; ainda así houbo quen foi capaz de chegar dun so golpe ao varal. Guille e Rodrigo conseguiron o aplauso xeral ao lograr tal fazaña.
Con estas vésperas e cáseque todo decidido, a xornada que algúns tiñan como derradeira oportunidade para acadar o liderato abosoluto e de varados, trocouse en xornada de tránsito sin apenas variación nos primeiros postos. Os de arriba non fallaron e os perseguidores ficaron a velas vir.
O aberto Gañouno Markytos (Billardeiros Musicais) logo dun desempate con Eric (Os Outros), ámbolos dous fixeron pleno de 10 puntos. Regueiro (Troitas Bravas), que ainda tiña esperanzas de conseguilo podio, tivo que se corformar coa terceira plaza tanto no aberto como na xeral confirmando deste xeito a súa asombrosa progresión.
A Taberta de Lola convertiuse un ano mais no esceario de entrega de premios e fin da festa billardeira 2011-2012 con cánticos, vítores e donde nun faltou o son da gaita mentres Flores e Marcos facian de mestres de cerimonia para a entrega dos premios do aberto:
1º clasificado e gañador en Remourelle Markytos (B.M.) que acada o coello (neste caso coella e por riba preñada), como sempre doada po Suso Villarino. Eric como 2º e Regueiro como 3º recibiron sendos trofeos doados por a Diputación de Lugo.
De seguido en representación do Concello de Ribadeo, que un ano mais aporta os trofeos, o concellal de deportes, Vicente Castro fixo a entrega aos campións da Conferencia por este orden:
En donas, Reyes de “Os Outros”, actual Campiona Nacional e firme candidata a recuncar, non tivo problema para facerse co título si ben a súa ausencia nun par de abertos quitoulle as posibilidades de loitar polo título individual absoluto.
En Varados resultou campión un dos palanadores mais novos. Un título que viña perseguindo dende fai dous anos e que ata agora se lle negara, finalmente a terceira foi a vencida. Parabens para Eric de “Os Outros”.
Como campión individual absoluto resultou un dos palanadores mais carismáticos e laureados da LNB. Bicampión Nacional, actual subcampión e dende agora tamén bicampión da Conferencia NorlLeste, falamos de Markytos de “Billardeiros Musicais”.
Por último os campións por equipos: “Billardeiros Musicais”. Conseguiron o podio non sin atrancos e loitando a brazo partido perante toda a competición, alternando o primeiro posto con Os Outros e cun ollo posto nos Remourelle Bulls e nos Troitas Bravas que viñan pisando forte.
Os clasificados para as finais de Conxo son os seguintes:
En equipos os “Billardeiros Musicais” e “Os Outros”
En donas: Reyes, Bea, Geni, Carme e Ana ou Isa (empatadas a 35 puntos).
En varados estan: Eric, Guille, Charlie, Regueiro e Daniel.
E para o individual absoluto: Markytos, Daniel, Regueiro, Eric, Franco, Marcos, Martiño, Reyes, Guille, Nacho, Suso Coedo e Xermán (se non se fixera repesca, poidera entrar tamen Charlie).
Parabéns e graciñas a tódolos que de unha forma ou de outra participan e colaboran en que o xogo-deporte da billarda siga adiante e que cada volta sexan moitos mais os equipos e palanadores que compiten nos abertos.
Ata o comezo da próxima tempada seguirán os abertos de verán como sempre. Billarda sempre! Adiante co Varal!