Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo pedirá un crédito de 1.528.000 euros para pagar a provedores

O PLENO APROBOU A CONCERTACIÓN DUN CRÉDITO AO ABEIRO DO RD 4/2012 POR IMPORTE DE 1.528.000 EUROS PARA FACER FRONTE AO PAGO A PROVEEDORES E TAMÉN UNHA ORDENANZA PARA REDUCIR OS TRÁMITES E A DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR POR AQUELES ADMINISTRADOS QUE TEÑAN QUE FRACCIONAR DÉBEDAS TRIBUTARIAS CONTRAÍDAS CO CONCELLO DE RIBADEO.

Ribadeo, 15 de maio de 2012. No pleno celebrado onte no Concello de Ribadeo quedou aprobada a concertación dun crédito por importe de 1.528.000 euros para facer fronte ao pago a proveedores. E tamén unha ordenanza para reducir os trámites, a documentación a presentar por aquelas persoas que teñan que fraccionar débedas tributarias contraídas co Concello. O debate máis duro producíuse durante a aprobación dunha moción presentada polo BNG sobre o mantemento do servizo de axuda no fogar. O alcalde, Fernando Suárez, lembrou que “a Xunta deixou colgados este ano a todos os concellos de menos de 20.000 euros”, aos que non lles dará nin só euro para poder manter dito servizo.

O pleno aprobou cos votos a favor de BNG, PP e UPRI e a abstención do PSOE a concertación dun préstado ao abeiro do Real Decreto 4/2012 para facer fronte ao pago a proveedores. O rexedor explicou que “xa cando presentamos o plan de saneamento financieiro conseguimos rebaixar a débeda a 1.740.000 euros, pero agora o préstamo que pediremos é algo inferior, ascenderá a 1.528.000 euros, porque conseguimos pagar algunha factura máis e así reducir esa débeda e houbo algúns proveedores que xa estaban en concertación de plan de pagos con nós e non se quixeron suscribir a esta posibilidade. En todo caso o Concello pedirá millón e medio de euros a devolver en 10 anos e 2 de carencia e 8 de amortización”.

Tamén se aprobou na sesión plenaria ordinaria de onte unha ordenanza fiscal para regular a concesión de aprazamentos e fraccionamentos de débedas tributarias do Concello de Ribadeo. Suárez Barcia indicou que “si ben está escrito na lei tributaria como son os procedementos para que os particulares poidan fraccionar unha débeda, queda moi ambiguo, queda moi aberto e ás veces para fraccionar unha pequena cantidade se lles pide unha chea de documentación que non ten nada que ver coa realidade da débeda que queren fraccionar. Entón para beneficiar ao administrado pretendemos crear un mecanismo concreto, establecer prazos e documentación, que nalgúns casos para pequenas cuestións será mínimo”.

No pleno aprobóuse tamén unha moción do BNG relacionada coa protección de persoas afectadas por participación preferentes, “que tanto a banca en xeral como as caixas en particular, a pesares das advertencias da Comisión do Mercado de Valores de que eran productos moi opacos e productos que non eran destinados ao público finalista pola súa extrema complexidade, seguiron adiante e agora teñen a moitas persoas afectadas con aforros de toda a súa vida que non poden retirar, a modo de corralito. Nós pedímoslle tanto ao goberno do Estado coma o da Xunta de Galicia que esto non volte a producirse no futuro e que se depuren responsabilidades entre os directivos e executivos das entidades financieiras que impulsaron e cometeron o fraude masivo aos pequenos aforradores”.

Axuda no fogar

Fernando Suárez manifestou que “tamén aprobamos unha moción contra a reforma laboral e outra moi importante sobre o mantemento do servizo de axuda no fogar, que é un servizo que a Xunta por primeira vez na súa historia, e despois de que todos os anos viñera sufragand, deixa aos concellos de menos de 20.000 habitantes colgados. Na provincia de Lugo agás o Concello de Lugo, que ten 100.000 habitantes, o resto quedamos sin un só céntimo da Xunta para este fin”. O alcalde relatou que “houbo un debate moi duro no pleno, no que os representantes do PP non souberon para nada argumentar, porque o que non se pode argumentar porque non hai argumentos difícilmente cos recursos dialécticos se pode enmendar. A situación é moi mala para os usuarios e para moitos dos traballadores que están vinculados a este tipo de subvencións e que perigan senon fose polo único apoio que estamos a recibir por parte da Deputación de Lugo, que se está a facer cargo dunha parte, pero dubido que se poida facer cargo de todo”.

Exit mobile version