Site icon Crónica3.com A Mariña

Ugia Pedreira e Fred Martins actuarán en Inglaterra presentando o seu disco “Acrobata”

O “Acrobata” emprende o voo e leva a

Ugia Pedreira e Fred Martins a Inglaterra

Ugia Pedreira e Fred Martins viaxarán a Londres e Oxford para presentar alí o seu disco “Acrobata”. O mércores 9 ofrecerán un concerto no Trangallán de Londres, onde tamén farán ao día seguinte un recital no Instituto Vicente Cañada Blanch.

O venres 11 a cita será en Oxford, en cuxa universidade o presentarán de mañá, para xa de tarde facelo na Libraría Albion Beatnik.

Londres e Oxford poderán desfrutar nesta semana desta conxunción artística entre estes dous grandes compositores que unen, de maneira natural a Música Popular Brasileira (MPG) coa Música Popular Galega (MPG), e poderán adquirir este traballo discográfico íntimo que une sensibilidade e forza a partes iguais.

E proximamente (nunha semana e media) trasladaranse a Bruxelas para deixar a pegada acrobatica nesta cidade donde hai organizadas muitas actividades e conversas arredor do seu disco. Unha viaxe donde a arte-producto de Acrobata diversificase nun interese real polo mundo sonoro e o pensamento de estos dous compositores. Pedagoxía, psicoloxía do canto, política, historia do samba ou da música galega. Fred Martins e Ugia Pedreira non só cantan e fan cancións senon que contextualizan a sua arte e entreganna en distintos formatos como farán en Bruxelas.

O seu videclipe de peto está realizado na Illa de Arousa, lugar donde compuxeron parte dos temas.

http://www.youtube.com/watch?v=abCdKlFaoq4&feature=player_embedded

Londres

9 de maio. 20h. Presentación do Acrobata no Trangallán:

http://www.trangallan.com/programme.html

10 de maio. 12h. Presentación do Acrobata no Instituto Cañada Blanch

Oxford

11 de maio. 12h Presentación do Acrobata na Universidade de Oxford

20h. Presentación do Acrobata na Libraría Albion Beatnik

https://www.google.es/search?q=Albion+Beatnik&hl=es&rls=com.microsoft:es:IE-SearchBox&rlz=1I7ACAW_es&prmd=imvns&tbm=isch&tbo=u&source=univ&sa=X&ei=Q7OmT4GiFcKEhQe9jcHUAg&ved=0CIIBELAE&biw=1024&bih=433

+ info: www.folque.com/acrobata

Exit mobile version