Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ está en disposición de apoiar os rozamentos si se reducen gastos superfluos e se fortalecen os servizos básicos

Antes as diferentes opiniós , informacións e insinuacións aparecidas nos medios de comunicación nos últimos días, UNIFOZ, vese obrigado a facer as seguintes aclaracións:

UNIFOZ, no fará a oposición do NO por sistema, e decide a súa postura de forma horizontal, así pois a voz do noso portavoz é a voz da xente que formamos Unifoz.

UNIFOZ, decidiu presentarse as pasadas eleccións municipais co obxectivo de traballar por e para Foz, e sobre todo para demostrar que hai outra forma distinta de gobernar , por conseguinte UNIFOZ non é froito de ningún revanchismo político, nin froito de ningún personalismo, nin contra ningén.

UNIFOZ, fixo dous compromisos claros cos veciños de Foz que os segue ratificando:

-Traballar para conseguir cumprir o seu programa electoral para Foz

-Que os votos de UNIFOZ, non serian para facer Alcalde nin ao candidato do PP, nin do PSOE.

UNIFOZ, si ofreceu un pacto de goberno ao Alcalde e E.Goberno o fai por responsabilidade, ante a situación de un E.Goberno que non sabe gobernar, ante a falta de diálogo, e para que Foz, non quede catro anos paralizado.

UNIFOZ, quere recordar que o Alcalde é Alcalde por ser a lista máis votada, pero non polo apoio de UNIFOZ, así pois é compatible o ofrecemento de pacto de goberno co noso compromiso cos cidadáns.

UNIFOZ, non é nin será ningún reflexo das diferenzas políticas que o noso portavoz tivera en outros tempos, UNIFOZ, nunca escluiu a ninguén , nin condicionou a ningunha persoa, así pois nunca entramos en personalismos.

UNIFOZ, non esixiu en ningún momento que para pactar con outra formación política , o alcalde tiña que ser o noso candidato, o que sempre dixo e repite e que nos temos un compromiso cos veciños de Foz, que temos que cumprir, pero salvado ese compromiso UNIFOZ, mostrase receptivo a facer pactos de goberno, ou pactos puntuais con calquera forza política si considera que é bo para Foz, así pois con esa teima e fácil de entender que houbera pactos co PSOE (pacto de emprego) e co PP (plan de axuste, que non se chegou a aprobar) , e para outros temas.

UNIFOZ, está en disposición tamén de aprobar os presupostos municipais, e para iso imos facer unha proposta pensada en reducir gastos superfluo ou non preferentes, pero tamén pensando no crecemento e no fortalecemento dos servizos básicos.

Máis S.Sociais, bonificacións para as empresas que se instalen no polígono cun claro compromiso de creación de emprego, aforro enerxético, reorganización de servizos, cambio na xestión do Asilo mentres non se constrúa a residencia, estudo serio e rigoroso do tratamento de residuos do noso pobo, e tamén estudar novas formulas para xerar máis ingresos para a sostinibilidade económica.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela

Exit mobile version