Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ pídelle ao alcalde que faga cumprir os acordos plenarios

UNIFOZ, ante os acordos da pasada sesión plenaria, pide ao Alcalde cumpra a faga cumprir os acordos plenarios.

UNIFOZ, manifesta publicamente a súa oposición a que se proceda a fumigacións de plantación de eucaliptos con Flufexonuron, por entender que é u produto que non ten as garantías suficientes de non teña consecuencias para o medio natural, tendo en conta que dentro de uns meses xa non estará permitido pola C.E.E., así mesmo consideramos que a zona onde se pretende aplicar, hai ríos e numerosos regatos, no caso do río Ouro, sendo este o cauce onde se colle a auga para suministro da poboación.

UNIFOZ, pide tamén axilidade na tramitación de petición a Deputación para que o noso concello, xunto con outros podan dispoñer de Máquina limpia-Praias, para fortalecer a nosa calidade no eido turístico.

UNIFOZ, quere mostrar publicamente a súa sorpresa pola resposta que se nos deu dende a E.Goberno, ante a pregunta respecto as contas das festas do ano pasado, onte parece un déficit de 54.000 €, pola falta de ingreso en especial pola revista das festas onde de preto de 100 anunciantes, so pagaron anuncio 46, algo moi difícil de entender, e ao marxe da perdida de ingreso semella unha falta de respecto para os que si pagaron anuncio.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela

Exit mobile version