Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz propón iniciativas para incluir no presuposto municipal de Foz

PROPOSTAS PARA INCLUIR NO PRESUPOSTO MUNICIPAL:

-COMPOSTAXE.- É necesario que o noso concello promocione e implante o programa de compostaxe doméstico, tendo en conta as vantaxes mediambientais,así como que o noso pobo ten unha poboación rural importante (50%) , pois o mesmo permitiría un aforro importante para o Concello, tanto na recollida do lixo como no seu tratamento en SOGAMA (250.000 €)

-Presuposto + 7.000 €

-CAMPAÑA DE RECICLAXE DE RESIDUOS, é necesario concenciar a poboación para que fagan ben a separación de residuos, así como instalar máis contedores no medio rural para vidrio, papel.. para tentar de baixar a factura de SOGAMA (250.000 €)

-presuposto + 4.000 €

-ASILO DE ANCIANOS.- UNIFOZ, considera que o Asilo ten que ter unha seguridade e continuidade mentres non se constrúa a nova Residencia de Maiores, para iso é necesario negociar co Padroado un cambio na xestión administrativa , onde o Concello como Institución, dirixa o seu funcionamento, e tramite as axudas públicas necesarias para o seu funcionamento sen sobresaltos.

-presuposto + 10.000 € (axuda)

-PROMOCIÓN DO DEPORTE.- É necesaria a reorganización de este servizo, tendo en conta a gran cantidade de clubs deportivos que funcionan no noso concello, establecendo acordos –convenios para que sexan estes os que fagan a promoción do deporte e as chamadas Escolas deportivas.

-Presuposto + 10.000 € ( convenios cos clubs)

-PEATONALIZAR.- Semi-peatonalizar a rúa Rego de Foz, ampliando as beirarrúas, así como estudo de peatonalizar a Avda Mariña, para consolidar o comercio local, e conseguir sexa esa rúa un punto de encontro urbano.

-Presuposto + 20.000 € (estudos e proxectos e obra 1º fase)

-ALUMEADO PÚBLICO.- É necesario facer xa, aforro enerxético para iso haberá que regular fotocelulas e reloxos, apagar luces despois da 3 da maña en locais e espazos públicos (CENIMA, areas recreativas….), así mesmo é preciso un maior control no mantemento de alumeado no que respecta a reposición de luces e equipos.

-Presuposto + 5.000 €

-SERVIZO DE RECAUDACIÓN.- É necesario reforzar ese servizo para fortalecer a vía executiva, coa finalidade de acadar unha porcentaxe maior de recadación.

-ESTUDIO DE TRATAMENTO DE AUGAS RESIDUAIS NO NOSO POBO, para determinar as necesidades reais de presente e futuro.

-REORGANIZACIÓN DE TRÁFICO E SINALIZACIÓN URBANA

-presuposto + 5.000 €

-DESTINAR LOCAIS DA CASA DA XUVENTUDE PARA LOCAIS DE EMPRENDEDORES

-REORGANIZACIÓN DE LOCALES E SERVIZOS MUNICIPAIS, para optimizar o custo do funcionamento dos servizos.

-PLAN DE EMPREGO para contratar :

1 monitor deportivo (6 meses)

2 persoas limpeza viaria (6 meses)1/2 xornada

1 persoa de axuda no fogar (6 meses)

3 mantemento de Campo de fútbol e xardíns,(6 meses) ½ xornada

1 electricista (6 meses)

1 pintor (6 meses)

1 turismo (4 meses)

4 socorrista (3 meses)

1 tractorista (3 meses)

-presuposto (101.849 €, xa incluido no documento)

-REDE CIDADÁ, para todas as parroquias que faltan por ter ese servizo

-presuposto + 6.000 €

-COMPRA DE ROUPA PARA VOLUNTARIOS DE P.CIVIL

-presuposto + 4.000 €

-PLAN DE SEPARACIÓN AUGAS PLUVIAIS E RESIDUAIS (Avda. S Madariaga)

-presuposto + 20.000 €

-PLAN DE ANALISES DE AUGAS DE FONTES PÚBLICAS

-presuposto + 4.000 €

-ESTUDIO E ORGANIZACIÓN DE ESPAZOS DEPORTIVOS colindantes co pavillón municipal, e traslado de probas de ex. de conducir.

Presuposto 10.000 € (1ª fase)

-ORDENACIÓN DO ESPAZO COLINDANTE COA RAPADOIRA, coa colocación de mesas para ser alugadas polos veciños que o desexen.

Presuposto 10.000 €

-PLAN DE OBRAS MUNICIPAIS:

-Camiño de Mansín……11.000 €

-Carretera entrada a Cordido(1ª fase ,convenio con ECESA)15.000 €

-Camiño da Escola-Lousada e beirarrúas LU-131 Fazouro 15.000 €

-Parque en Nois (1ª fase)………10.000 €

-Camiño Cadoira-Transmonte e Colexio a candín en Nois……10.000 €

-Adaptar a legalidade vixente os pasos elevados e instalar controles de seguridade e velocidade. 15.000 €

-convenio ca deputación para beirarrúas na rúa do cemiterio..15.000 €

-Construción de WC públicos en Foz …..10.000 €

-Plan de accesibilidade.. 5.000 €

-Posta en valor da Flouxeira 7.000 €

Total 113.000 € ( 52.000 da partida 155210 =100.000 €) =61.000 € a incluír

-Incluir na partida 33522620 a cantidade de 10.000 €,para antender as facturas de acordos cos grupos culturais.(Coros, coral, Banda…..)

-presuposto 10.000 €

CREACIÓN DUN PATRONATO MUNICIPAL DE TURISMO, para xuntar recursos e esforzos pola mesma causa, a promoción do turismo en Foz.

CREACIÓN DUN PATRONATO MUNICIPAL DE DEPORTES, para xuntar todos os esforzos pola mesma causa da promoción do deporte.

PLAN DE ESTIMULO AO EMPREGO:

-Bonificación a empresa que se instalen no municipio co compromiso de contratación de persoal.

-Promoción do polígono industrial en feiras no exterior.

TOTAL A INCLUIR A MAIORES NO PRESUPOSTO 186.000 €

REDUCIÓN DE GASTOS EN PARTIDAS:

PARTIDA.

15022706 Estudios e traballos técnicos, eliminar partida por considerar que é un traballo que poden facer os técnicos municipais

-presuposto – 9000 €

15522719, É necesario poñer a máquina municipal a rozar pola mañá e pola tarde, para non ter que contratar a empresas externas.

-presuposto – 5000 €

165213, É necesario un maior control na reposición de material para alumeado público e modificar o contrato en este sentido, resulta difícil de entender que se nos facture por este servizo preto de 150.000 €

-presuposto -50.000 €

23122619,É necesario reaxustar os gastos de esta partida, que non parece xustificada.

-presuposto -5000 €

33422602,É necesario axustar máis en publicidade e propaganda.

-presuposto -2000 €

33422606, tendo en conta que non haberá xornadas de historia de educación, parece oportuno retirar esa partida.

presuposto -2000 €

334489, tendo en conta que en cultura as axudas son por factura e acordo de colaboración, debes de retirar esta partida.

-presuposto -20.000 €

33822611, É necesario seguir aforrando en festas, tendo en conta que hai servizo máis básicos e necesarios.

-presuposto – 20.000 €

34122601, É necesario axustar máis a partida de atencións protocolarias.

-presuposto – 2000 €

34122707, Tendo en conta a proposta no plan de emprego de dispoñer dun monitor de deportes, é necesario reorganizar os servizos a prestar por empresas externas.

-presuposto -15.000 €

92422699, É necesario concretar os gastos e reducir de gastos diversos.

-presuposto -6000 €

93522799, Os servizos municipais teñen que reorganizarse e facer este traballo que agora se paga a empresa externa.

Presuposto -10.000 €

TOTAL AXUSTE DE PARTIDAS :146.000 €

MEDIDAS DE NOVOS INGRESOS:

-Ingresos de publicidade estática

-Ingresos por estacionamento no entorno da Rapadoira no verán de 11 as 20 h

-Ingreso por publicidade en pantalla luminosa

-Ingreso por reorganización da bados.

-Ingresos por aluguer de mesas na Rapadoira.

-Actuilizar padron taxa saneamento

TOTAL NOVOS INGRESOS :40.000 €

Exit mobile version