Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ solicita un informe técnico do estado das depuradoras de augas residuais

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ e no seu nome Jaime Cancio Rodríguez como portavoz de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside, ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais e no exercicio do Dereito Fundamental, recollido no artigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elixidos nas eleccións por sufraxio universal.

EXPÓN:

Que por parte do Concello fai xa uns anos que foi adxudicada a concesión do servizo de mantemento das depuradoras de augas residuais.

Estes días estamos a falar da aprobación da taxa de depuración para compensar ese gasto co ingreso correspondente.

UNIFOZ considera que hai algunhas partes do contrato que é necesario comprobar o seu cumprimento.Por todo o exposto

SOLICITA:

A elaboración dun informe técnico do estado de conservación e funcionamento das instalacións de tratamento de augas residuais obxecto do contrato mencionado.

Exit mobile version