Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ, sorprendese das declaración de BNG e PP e suxire un acordo de esquerdas, unha moción de confianza ou un pacto co PP para non conxelar o progreso Foz

UNIFOZ, quere expresar a súa sorpresa polas declaracións do BNG, respecto a o noso ofrecemento de un pacto por Foz, feito ao PP.

UNIFOZ, decide as súas decisións en Foz, e non en Santiago como lle pode pasar a outros, e as decisións son de forma horizontal, non como outras formacións.

Nos medios de comunicación, está recollido textualmente (Cronica3 A Mariña 16/05/2011; La Voz de Galicia 25/05/2011) onde UNIFOZ se comprometía cos veciños que os votos de UNIFOZ, non serían nin para facer alcalde ao candidato do PP,nin o do PSOE, e seguimos ratificando ese compromiso.

Como ben sabe o BNG, o Alcalde de Foz , é Alcalde porque foi a lista máis votada, non por o apoio UNIFOZ.
UNIFOZ non é unha formación do NO por sistema, e ten un claro compromiso cos veciños de Foz, traballar para que Foz, progrese, así pois UNIFOZ apoiará todo aquelo que sexa bo para Foz, o plantexe o PP, PSOE ou BNG.
Unifoz, considera que o Sr Alcalde e o E.Goberno son incapaces de gobernar Foz, como o demostra un ano de desgoberno perdido, así pois so hai estas posicións :
-Acordo de esquerdas
-Moción de confianza
-Pacto de goberno co PP para sacar a diante esta situación.
-Conxelar o progreso Foz.
UNIFOZ, está en disposición de Traballar por Foz dende calquera das formulas posibles para que Foz PROGRESE, pero o que non podemos e deixar que o noso pobo perda catro anos de progreso, con este goberno, sen experiencia, sen iniciativa e sen rumbo.

A UNIFOZ, tamén lle sorprende as palabras e a proposta do Sr Balseiro, e nos parece algo de teatro-comedia a proposta de que o Parlamento inste a oposición de Foz.
As palabras do sr Balseiro de que “ peligra o salario dos traballadores” é algo moi coñecido en Foz, e confirma pois por quen está dirixido o sr Alcalde de Foz, que emprega este mesmo insulto aos traballadores/as día si e día tamén.
UNIFOZ, quere recordarlle ao Sr PARLAMENTARIO que esta formación estaba en disposición de apoiar o Plan de Axuste, que por pequenas diferenzas o PP de Foz non quixo, e mesmo lle ofrecemos un pacto de goberno.
O problema de Foz, Sr Balseiro, é que Vostedes presentaron en Foz unha lista do PP, sen experiencia, e sen equipo para gobernar, así pois non peche os ollos e mire para outro lado, os problemas de Foz e a súa gobernabilidade está no PP de Foz.
UNIFOZ, quere dicirlle ao sr Balseiro e ao PP, que si realmente lle preocupa este pobo de Foz, mellor inste ao Parlamento PARA COUSAS SERIAS E QUE SI AXUDARAN A FOZ, a que poñan un PAC, (por exemplo) con ese deputado que antes non tiñan e agora xa teñen, ou que empece a construción da residencia de maiores, ou facer ese Súper Porto que prometeron……-.

Remitido

Exit mobile version