VIAXE A LUGO PARA PARTICIPAR NO CAMPIONATO “TODOS POLO FÚTBOL 2012” CO PARTIDO A MARIÑA F.S.- MOREA O BARCO
Será, sobre todo unha xornada festiva e cultura ademáis de deportiva.
Este encontro permite unha vez máis traballar a deportividade e o compañeirismo e, como non, mellorar a calidade de vida dos usarios a través do deporte.
O coidado da saúde física é fundamental para todos, pero no caso das enfermedades mentais hai que lle prestar maior atención.
As persoas con enfermidade mental teñen maior probabilidade que a población xeral de padecer problemas de saúde física. As persoas diagnosticadas cunha enfermidade mental, como a esquizofrenia o o trastorno bipolar, presentan unha menor calidade de vida, principalmente debido a causas relacionadas coa saúde física. De ahí a importancia que lle damos dende a Asociación de axuda ó enfermo mental A MARIÑA, ó deporte.
Grazas a un tratamento integral (tratamento farmacológico e rehabilitación psicoterapéutica e psicosocial), a esperanza de vida das persoas con enfermidade mental alongouse e mellorou, e a integración social é posible co APOIO, RESPECTO E COMPRENSIÓN de todos.