Organizado polo Observatorio da Mariña pola Igualdade, coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Área de Cultura da Deputación de Lugo II Concerto de músicas e letras en feminino. Interveñen : a Coral Polifónica de Ribadeo e Naír e Noemí , de Irimia Cantareiras. Asemade, alumnas dos IES Dionisio Gamallo Fierros e do Porta da Auga recitarán poemas de autoras vinculadas á Mariña como Luz Pozo, Olalla Cociña, Marica Campo, Luísa Castro, Eva Moreda, Carmen Blanco ou Ugia Pedreira. O evento ten como obxectivo a promoción da creación artística das mulleres galegas, tanto das que se achegan ás diferentes artes dunha forma amateur,de desenvolvemento persoal, como daquelas que forman parte de proxectos artísticos profesionais. O venres 1 de xuño ás 21.30 h no Teatro. Entrada xeral: 3 €. Estudantes: 1 €