Uns 45 xubilados cervenses visitaron a Cidade da Cultura de Santiago
-As persoas participantes percorreron o complexo durante preto de 2 horas e tamén visitaron a praza do Obradoiro e o casco histórico compostelán
-A seguinte visita incluída no programa complementario do Día do Xubilado será o 16 de xuño á Semana Verde de Silleda
Cervo, 14 de maio de 2012-Preto de 45 xubilados de Cervo viaxaron esta fin de semana á capital de Galicia para visitar o complexo arquitectónico da Cidade da Cultura. As persoas participantes desprazáronse en autobús ata o monte Gaiás, onde se atopa situada esta construción contemporánea.
Esta visita enmárcase dentro do programa complementario deseñado polo Día do Xubilado e conserva o obxectivo de todas as actividades dirixidas a este colectivo, como é “que as persoas xubiladas compartan tempo de lecer en boa compaña” asegura a edil de Servizos Sociais, Tania González, que tamén participou nesta visita. “No caso das excursións” engadiu a concelleira, “aproveitan para visitar lugares que lles eran descoñecidos ou achegarse de novo a aqueles que lles gustaron”.
A segunda das visitas incluídas no programa está prevista para o 16 de xuño, á Semana Verde de Silleda. O prazo para inscribirse permanecerá aberto dende o 28 de maio ata o 8 de xuño, na Casa da Cultura de San Ciprián.