Site icon Crónica3.com A Mariña

13 ouros, 10 pratas e 7 bronces acadados polos atletas do Egovarros viveirense no campionato galego de veteranos

13 OUROS, 10 PRATAS E 7 BRONCES, SON AS MEDALLAS ACADADAS POLOS ATLETAS DO EGOVARROS VIVEIRENSE NO CAMPIONATO GALEGO DE VETERANOS DE PISTA Ó AIRE LIBRE

O pasado domingo celebrouse en Lugo o Campionato Galego de Veteranos de Pista ó Aire Libre. Nunha xornada moi ventosa os veteranos e veteranas do atletismo galego disputaron nas pistas Gregorio Perez Rivera en Lugo en xornada de mañá e tarde o Campionato Galego de Veteranos, a destacar a numerosa participación de atletas de todo Galicia. Por parte do clube viveirense participaron no campeonato 24 atletas de distintas categorías, acadando 30 metais.

Na parte de mulleres acadaron as medallas Begoña de Arriba en W-55 que obtivo medalla de ouro nos 100 metros e nos 1500 metros e prata en lanzamento de peso, Manuela Guisasola en W-50 fíxose có ouro en 100 metros e prata en 200 e 400 metros, Francisca Romasanta en W-60 ( esta atleta foi a máis veterana da proba no apartado feminino) acadando a medalla de prata nos 400 e bronce nos 100 e 200 metros.

Na categoría masculina os seus compañeiros tamén acadaron un bo número de medallas destacando os 3 ouros de Enrique Río nas probas de 100, 200 e 400 metros na categoría de M-80, sendo este o atleta máis veterán que participo una proba, Antonio Cabana en M-70 foi ouro en 800 e 10000 metros e prata en 200 metros, José Rioseco en M-70 obtivo o ouro en 1500 metros, Antonio Hernández en M-65 acadou o ouro en 800 e 5000 metros, Jesús Bernal en M-60 foi prata en 800 metros e bronce en 10000 metros, Daniel Aguilar en M-65 conseguiu a prata en 5000 metros, Eliseo López en M-60 foi prata en 10000 metros, Fermín Pan en M-55 obtivo a medalla en prata en 10000 metros, Anxo Vigo en M-55 acadou a medalla de ouro en peso e en salto de lonxitude, Francisco Barrientos en M-55 foi prata en 200 metros e bronce en 100 e 400 metros ,Emilio Toral en M-55 foi bronce 400 metros e Andrés Piñón en M-40 acadou o bronce en 5000 metros.

Na foto aparecen parte dos atletas coas medallas obtidas.

Exit mobile version