
Foz acollerá esta fin de semana a II Festa da Sardiña que organiza a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos e que nesta ocasión coincide coa celebración do San Xoán. Son preto dunha treintena os locais que servirán sardiñas tanto o venres coma o sábado: A Maseira, A Quinta, A Rambla, A Rula, A Bolera, Acuario, O Taco, Dallas, May-Ros, Xoyma, Anduriña, Costumes do Mar, El Rincón de Anita, Fina, O Fogar do Pelolo, Portovello, Express, O Norte, Leytón, O Tangarte, Xoiña, A Caracola, As Brasas, Dandy, O Lar e O Mar. A celebración da II Festa da Sardiña coincidirá co remate da campaña Paga con pesetas, que daba comenzo o pasado 11 de xuño no comercio asociado. Os que aínda teñan pesetas no seu peto e queiran gastalas poden facelo durante estes días en Foz.