Site icon Crónica3.com A Mariña

Biblioteca de Foz

BIBLIOTECA DE FOZ

Ignorar os feitos, e os lapsus da memoria, fan sobrevalorar as vivencias actuais en detrimento daquelas que pertencen a tempos afastados, rexeitándoas como algo caduco, obsoleto, carente de mérito e, polo tanto, indigno de terse en conta. Nós, a través da “memoria histórica”, que reivindicamos como lección de vida, botamos unha ollada ó pasado, no que, coma sempre, houbo de todo, procurando superar os falsos prexuizos, esforzándonos en valorar na xusta medida os sucedidos, e para iso comezar contrariando a Jorge Manrique para afirmar que, en xeral,“calquera tempo pasado foi peor”, unha evidencia que magnifica as iniciativas de hai, por exemplo, medio século

cando os medios de todo tipo non tiñan comparanza. Temos dito que os anos 60, que mais ou menos vivimos, foran, dende a nosa visión, os mais fructíferos da historia local en orde á cultura, o deporte e mesmo ás implicacións da sociedade porque, sendo moito mais pobres, eran mais solidarias; existía mais comunicación entre as xentes; o diálogo que os gobernantes (e decir, os políticos) aboliron da práctica social, fan que os avances materiais e tecnolóxicos non se reflictan na convivencia cotiá, nas inquedanzas pola cultura, nen polo tanto na calidade de vida, entendendo ésta mais alá do que marcan as lindes do puro consumismo. Temos dito que nos anos primeiros desa década fundouse o C.D. Foz; creouse o Trofeo Conde de Fontao; celebrouse a Iª Travesía á Ría en piraguas, editouse a revista A Rapadoira, instalouse a emisora de radio, fixéronse representacións teatrais, excavouse o castro de Fazouro, instalouse a calefacción no asilo, organizouse a 1ª Cabalgata de Reis, creouse a Gardería Infantil, os Xogos Florais e lembramos que o 11-8-60 inaugurouse a Biblioteca Pública co discurso que pronunciara o intelectual Dionisio Gamallo Fierros, celebrándose e en abril a primeira Festa do Libro. A biblioteca ubicouse no 2º andar do edificio de Socorros Mútuos , ata o seu traslado á Casa da Cultura. A primeira bibliotecaria, Conchita Muiña (do Maragato), cobraba 500 ptas. (3 €) mensuais. Non esquezamos a historia: é gran mestra da vida….

Suso Fernández

Exit mobile version