Site icon Crónica3.com A Mariña

A agrupación local do PSOE de Mondoñedo elixiu secretaria xeral

ESPERANZA GONZÁLEZ MARTÍN ELEXIDA NOVA SECRETARIA XERAL DA AGRUPACIÓN SOCIALISTA DE MONDOÑEDO

-A Agrupación socialista mindoniense mantivo unha xuntanza de traballo co novo Secretario Provincial do PSOE Lucense, Jose Ramón Gomez Besteiro, que estivo acompañado do Secretario de Organización Juan Carlos Gonzalez Santin, e do Coordinador do PSOE da Mariña, Jose Ramón Val.

-A nova executiva está composta por 4 mulleres e 3 homes, na que Modesto Díaz García foi elixido Presidente da Agrupación

Mondoñedo (Lugo), 16 de xuño de 2012. A Agrupación Local do PSOE de Mondoñedo celebrou onte (día 15 de xuño) unha reunión extraordinaria para elixir o novo secretario/a xeral da agrupación mindoniense, na que resultou elixida por unanimidade Esperanza González Martín. Na xuntanza tamén participaron o novo secretario Xeral do PSOE lucense, José Ramon Gómez Besteiro, xunto co secretario de organización Juan Carlos González Santin, e do Coordinador do PSOE da Mariña José Ramón Val Alonso .

Esperanza González Martín substitúe no cargo local a Modesto Díaz García, que actualmente é concelleiro e primeiro tenente de Alcalde de Mondoñedo.

A nova Secretaria Xeral agradeceu e loubou o traballo desenrolado por Díaz García ao longo destes anos ao fronte do PSOE local, ademais agradeceu tamén o apoio recibido por parte de tódolos militantes da Agrupación.

A nova executiva do PSOE de Mondoñedo está composta por Esperanza González Martín como Secretaria Xeral, Modesto Díaz García como Presidente da Agrupación, a concelleira Magdalena Domenech Gruñeiro como Secretaria de Organización e José Luis García como secretario de Política Municipal.

Ademais, María José González-Seco é a nova responsable da área de Administración, Cristina Dorado Sante da área de Acción Electoral, e o sindicalista Francisco Domenech de Formación.

Esperanza González Martín sinalou trala sua elección que asume esta nova responsabilidade con moito “entusiasmo e dende a responsalidade”. Afirma que esta nova etapa debe traducirse en “achegar a mensaxe e as propostas socialistas para recuperar a ilusión na política”, e confía en poder “canalizar e responder á confianza dada polos militantes e votantes do PSOE en Mondoñedo”. E resumiu “o meu único obxectivo e traballar por e para os mindonienses”.

CV ESPERANZA GONZALEZ MARTIN

Naceu en Tudela (Navarra), 1974. Terceira de 6 irmáns.

Licenciouse en Periodismo na Facultade de CC da Comunicación da USC (2003).

Comezou a súa carreira xornalistica no ano 2002 na Voz de Galicia (Santiago) como reporteira gráfica. Tamén realizou prácticas na cadena Cope (Coruña), e na TVG (Santiago). No ano 2006 incorporouse á redacción do xornal La Opinión de A Coruña, e un ano mais tarde, no 2007 á delegación da TVG en Lugo. Nese mesmo ano pasou a formar parte do Gabinete de Comunicación da Secretaría Xeral de Medios, sendo presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño. Dende aquí deu o salto ao grupo parlamentario socialista da man do deputado autonómico Ismael Rego, onde traballou como xornalista ata hai un mes (maio).

Actualmente tamén é membro do Consello Asesor CRTVG e RTVE-G.

Exit mobile version