O equipo de fútbol sala da Asociación de axuda ó enfermo mental A Mariña, “A Mariña, F.S”, viaxará mañá a Santiago de Compostela , acompañado de familiares, compañeiros e técnicos , para participar na final da Copa Galega de Balompé “Todos polo fútbol”; organizada por FEAFES GALICIA (Federación de Asociacións de familiares de enfermos mentais)
A esta viaxe tamén asistirá a Directora Técnica Xeral, María José Nóvoa, para recoñecer o esforzo de tódolos usuarios e participar nunha xornada de convivencia con outros membros de distintas localidades galegas, pertencentes a este colectivo.
En total, dende a mariña, viaxaremos 48 persoas, para animar e reforzar a actitude de deportividade .