Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña” participa na Feira Internacional Semana Verde de Silleda

A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A MARIÑA”, xunto con FEAFES GALICIA, PARTICIPA NA FEIRA INTERNACIONAL SEMANA VERDE DE SILLEDA

A Asociación de axuda ó enfermo mental “A Mariña”, participa o día 15 de xuño na Feira Internacional Semana Verde de Silleda, un encontro multisectorial no que realizaremos unha mostra e venta da artesanía realizada nos diversos talleres ocupacionais dos dous Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral, ademáis de sensibilizar sobre a saúde mental ós asistentes.

O stand da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e Feafes Galicia estará ubicado no paseo central do recinto ferial e poderase visitar o día 15 de xuño, dende as 10 da maña ás 20 horas.

Nembergantes, Feafes Galicia xunto con outras Asociación de enfermos mentais de toda Galicia , participarán da seguinte maneira:

O xoves 14, participará a asociación Lar, mentras que o venrres 15 compartiremos stand con A Creba .
O sábado 16 será o turno de Alume e Andaina. E o último día, o domingo 17, volverá a asistir A Creba, así como a asociación Fonte da Virxe.

Dende a Asociación de Axuda ó Enfermo Mental “A Mariña”, invitámolos a todos a asistir á Feira Semana Verde, onde a entrada é gratuita para todolos públicos.

De feito, o noso colectivo, composto por usuários, familiares e amigos , un total de 50 persoas, asistirá mañá xoves 14 a Silleda, para visitar a Feira e compartir un dia de ledicia todos xuntos.

Hoxe tivemos a última reunión antes de iniciar a viaxe programada para mañá ás 8:45h, onde a Directora Técnica Xeral , María José Nóvoa , explicou a tódolos participantes o programa de actividades, os horarios… Ó mesmo tempo que lles recordou que aproveiten para pasalo ben, desconectar da vida cotiá e aproveitar a ocasión para coñecer xente nova. Todo iso , repercutirá , sin ningunha dúbida, nun aumento da autoestima e mellora da calidade de vida, de tódolos nosos participantes.

Exit mobile version