A partir do luns, de 15 horas de duración. Para o desenvolvemento desta actividade empregarase o sistema de videoconferencia e videocolaboración. Nesta edición, o programa conta con outras actividades de 15 horas (sobre retoque fotográfico, community manager e streaming de audio e vídeo) e outras dúas máis amplas, de máis de 40 horas, sobre produción audiovisual e creación multimedia. Os interesados poden informarse e reservar praza na aula CeMIT da súa localidade a través do 981 552 568 ou a da web http://aulascemit.xunta.es/inscripcion