Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellaría de Igualdade de Ribadeo ten perfil nas redes sociais do facebook e do twitter

Para as persoas que facedes uso das redes sociais, comentarvos que a Concellaría de Igualdade ten un perfil na rede do Facebook e do Twiter, que leva por nome, o do blogue Ribadeo Muller. Buscádenos e seguídenos para compartir información, reflexións, para que nos fagades peticións, suxestións, críticas… e para saber un pouco máis das actividades que organizamos desde a Concellaría de Igualdade do Concello de Ribadeo. Na rede social Facebook, https://www.facebook.com/RibadeoMuller. Unha vez atopado clicar na esquina dereita no “ gústame”, e a partir dese momento sairán publicadas no voso taboleiro todas as actualizacións que se fagan no perfil do Ribadeo Muller. Na rede social Twiter, https://twitter.com/#!/RibadeoMuller

Exit mobile version