Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Deportiva EON Burela FS pechou a campaña 2011-12 onte coa festa de fin de tempada

A ED EON BURELA FS DESPIDE A TEMPADA

A Escola Deportiva EON Burela FS pechou a campaña 2011-12 onte coa festa de fin de tempada, no auditorio municipal da localidade mariñá. O alumnado asistente recibiu medallas conmemorativas do curso como recoñecemento ao seu traballo e esforzo.

O acto estivo presidido polo tenente de alcalde de Burela, Manuel Fernández Valle, e a concelleira de Deportes, Beatriz Piñeiro López, acompañando o director da escola, Alfonso Mera Río, e o directivo laranxa Marcelino Luna Almarza.

Memorial Rodrigo Maseda Lozano. O peche do curso non paralizará a actividade da base burelista, que continuará adestrando aínda un par de semanas para participar no Torneo Imdecum de Fútbol Sala 2012 ‘Memorial Rodrigo Maseda Lozano’. A escola laranxa exercerá de anfitrioa con representación dende benxamín ata cadete na iniciativa organizada pola Fundación Imdecum para o 6, 7 e 8 de xullo, xunto a clubs da Mariña e da provincia, A Coruña, Pontevedra e Madrid.

Exit mobile version