Site icon Crónica3.com A Mariña

A exposición “xa_DOUS” de Edu Albo e Fernando Guillán pode verse no Cenima en Foz

Inaugurouse no Cenima a exposición “xa_DOUS”, produto da colaboración do pintor viveirense Edu Albo e o fotógrafo Fernando Guillán, que a través da representación de obxectos cotidianos tratan de achegarnos unha metáfora dos diferentes comportamentos e actitudes cos que nós mesmos afrontamos cada unha das situacións da nosa vida. Trátase dunha serie de cadros realistas e fotografías de obxectos representados desde diferentes perspectivas, enfoques e iluminacións coas que se consegue unha perfecta simbiose entre cadro e fotografía. A exposición foi inaugurada por Javier Jorge Castiñeira, alcalde de Foz, e pola concelleira de Turismo Maite López Rego. Estará aberta ó público nas instalacións do Cenima ata o vindeiro 7 de xullo.

Exit mobile version