Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polas Preferentes na Mariña contacta con máis de 80 persoas con participacións e convoca nova xuntanza

Plataforma Afectados Participacións Preferentes A Mariña

REUNIÓN INFORMATIVA

Lugar: Casa da Cultura de Ferreira do Valadouro (Salón de Actos)
Data: Domingo 17 de xuño.
Hora: As 18:00h.
– Nesta xuntanza proporcionaremos a todo o mundo que o desexe os
documentos para facer os dous tipos de reclamacións gratuítas: A consumo e a
Atención ao Cliente das entidades bancarias.
– E importante levar toda a documentación da que se dispoña.
– Asesoraremos e solventaremos dúbidas sobre o cumprimento dos mesmos.
– Acordaremos cal será o xeito máis eficaz para a presentación de ditas
reclamacións.
– Organizarémonos para seguir traballando de forma conxunta para loitar pola
recuperación dos nosos aforros.
Agardamos a vosa presenza, esta xuntanza é libre e aberta para todo o mundo
que sexa afectado ou que pense que pode estalo e se queira informar.
Toda axuda será ben recibida, pero gustaríame aclarar que non permitiremos
que ninguén intente utilizar este problema para gañar méritos de
forma persoal ou ascender politicamente grazas aos nosos males, e un
tema moi serio e que está causando moita dor na xente para que se queiran
aproveitar do mesmo.
Se teñen algunha solución que actúen e que nos traian feitos, as promesas e as
palabras neste caso non nos serven de nada, e ata o de agora que nós mesmos
o puxemos de manifesto e o denunciamos ninguén se preocupou polos nosos
problemas nin por este caso das preferentes en concreto.
Podedes poñervos en contacto con nós dos seguintes xeitos: No soso perfil de
facebook: Afectados Participacións Preferentes A Mariña. No enderezo
electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com ou ben no número de
teléfono: 608191779

——————–

Plataforma Afectados Participacións Preferentes A Mariña

Despois da reunión mantida o sábado pasado xa son máis de 80 as persoas que
se puxeron en contacto con nós.
Temos xente afectada nos seguintes concellos da comarca: O Valadouro, Alfoz,
Burela, Cervo, Xove, Barreiros, Ourol, Viveiro, Trabada, A Pontenova, Riotorto,
Mondoñedo, Lourenzá, Foz e Ribadeo.
Temos a total seguridade de que hai moitos máis afectados, por iso seguimos
facendo un chamamento a todo o mundo a que revise os seus contratos, en
moitos casos hai xente que está indo a entidade bancaria a preguntar e estanlle
contestado que estean tranquilos que non é o caso, e moita xente sigue a
confiar neles e marcha tranquila para as súas casas ata que se encontra con
que lle fan falta os cartos e non os pode sacar.
Na reunión do sábado na que fomos máis de 60 persoas, todos os afectados
coinciden en algo, en que foron totalmente enganados polas persoas das
entidades bancarias, en moitos dos casos Directores e Subdirectores, persoas
de confianza das cales se fiaron totalmente e que lles aconsellaban este tipo de
producto como algo fiable e seguro.
Vendían este tipo de contrato como un prazo fixo pero coa vantaxe de que tiña
un maior interés, era un producto totalmente fiable,seguro e sen riscos, co
capital invertido totalmente asegurado e poderías dispoñer do diñeiro en
calquera momento sempre que che fixese falta, a única condición era a de
avisar 15 días antes.
En moitos dos casos comentaban que era un vencemento a 3 ou a 5 anos,
durante eses anos un interés fixo e despois se che seguía interesando ese
producto pasaría a ter un interés variable.
A maioría das persoas afectadas, fiáronse da palabra da persoa de confianza da
entidade bancaria coa que traballaron en moitos dos casos durante toda a vida,
xente da cal se fiaban plenamente e da que confiaron na súa palabra.
En ningún momento lles mencionaron que o que estaban a contratar eran
títulos ou valores que para a súa recuperación había que vendelos e que iso
supoñía un risco. etc.
De producto fiable e seguro nada de nada como podedes comprobar nos
seguintes parágrafos sacados dun contrato de Preferentes tipo D firmado no
ano 2009 con Caixa Galicia

Exit mobile version