Site icon Crónica3.com A Mariña

A Plataforma SOS Sanidade convoca concentracións e explica que o goberno elimina o dereito á saúde

O GOBERNO ELIMINA O DEREITO A SAUDE

O Programa Nacional de Reformas presentado polo Goberno en Bruxelas e o Real Decreto Lei 16/2012 de 20 de abril, de medidas urxentes para garantir a sustentabilidade do Sistema Nacional de Saúde e mellorar a calidade e seguridade das súas prestacións,

1.- Suprime o dereito á saúde como dereito cidadán.

Aínda que a Constitución e a Lei Xeral de Sanidade vincúlao á residencia no Estado o Real Decreto de xeito unilateral vincúlao ao aseguramiento é dicir á cotización social, coa finalidade de deixar sen este dereito aos que traballan na economía. Resulta moralmente inaceptable deixar a persoas sen asistencia por motivos económicos

2.- Elimina a universalidade das prestacións sanitarias

Fragmenta a asistencia sanitaria que agora é a mesma para todos e para todas as enfermidades en tres tipos diferentes: Prestacións básicas comúns para todos; prestacións complementarias a pagar con copagos e prestacións suplementarias ofertadas polas comunidades autónomas. Esta medida que dará orixe a dous modelos sanitarios (unha sanidade para ricos e outra para o resto) esta destinada a promover e apoiar desde o Estado o desenvolvemento dos seguros privados como negocio. A sanidade para pobres será unha asistencia de baixa calidade

3.- Introduce barreiras económicas no acceso aos servizos sanitarios a quines máis o necesitan

Impón o pago por medicamentos aos pensionistas (precisan tres veces máis asistencia por motivos de idade e a gran maioría percibe pensións moi baixas, o 54% menores de 650 euros /mes); o mesmo que por traslado non urxente en ambulancias, alimentación artificial, prótese e ortesis que son necesitados polas persoas máis enfermas, e discapacitadas, na súa maioría con problemas económicos por motivos de idade, enfermidade ou baixas pensións. Ademais un grupo de medicamentos excluirase totalmente do financiamento público. Limita a asistencia a quen máis a necesita ao tempo e eleva a achega individual en medicamentos nun momento en que a maioría de cidadáns teñen problemas económicos para chegar a fin de mes

3.- Acaba co carácter solidario e redistributivo da sanidade pública

Ata agora a sanidade financiábase con impostos grazas ao cal os que máis gañaban contribuían máis e os máis necesitados de atención recibíana en función das súas necesidades. Coa introdución do copago de parte da asistencia ponse as bases para acabar co caracter redistributivo da sanidade pública.

Exit mobile version