ANTONIO VEIGA ENTREGOU OS PREMIOS DA 3ª ETAPA DA V VOLTA CICLISTA ÁS COMARCAS
Esta proba ciclista disputouse en tres etapas esta fin de semana, e nela participaron 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional
Esta terceira etapa desenvolveuse na comarca da Mariña con saída e chegada en Viveiro, pasando polos concellos de Alfo, Cervo, O Valadouro, Ourol, Viveiro e Xove
Viveiro, 3 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, participou na entrega de premios da terceira e última etapa da V Volta Ciclista ás Comarcas, hoxe pola mañá en Viveiro, de onde saía e ata onde chegaba o percorrido desta etapa, pasando polos concellos de Alfoz, Cervo, O Valadouro, Ourol, Viveiro e Xove.
A V Volta ás Comarcas, na que participan 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional, desenvolveuse durante toda esta fin de semana en tres etapas distintas. Antonio Veiga auguroulle un prometedor futuro a este campionato logo do “gran éxito acadado en pasadas edicións e que, de seguro, se repetirá este ano”. Nesta liña, o vicepresidente da Deputación de Lugo lembrou que un dos obxectivos da Área de Deportes desta entidade é o de “fomentar a práctica do deporte, sexa cal sexa a súa disciplina, en todas e cada unha das comarcas lucenses”. Así, o nacionalista resaltou que “seguimos traballando para descentralizar a práctica e a organización de determinados eventos deportivos, un feito que suporá un forte impulso socioeconómico para as zonas nas se poñan en marcha este tipo de iniciativas”.