Site icon Crónica3.com A Mariña

A Tradescola, centro de ensino da música e do baile tradicional, abre o período de reserva de praza

A TRADESCOLA ABRE O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO 2012-2013

Na Tradescola, centro de ensino da música e do baile tradicional, impártense aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta e linguaxe musical.

LUGO, a 15 de Xuño de 2012. A TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos na cidade de Lugo, ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2012/2013. Éste centro, situado no LUG II ( na Rúa Pintor Corredoira nº 4 ), é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira formación tanto na música coma no baile tradicional.

A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 200 alumnos matriculados, o seu equipo docente está formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Xabier Iglesias, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal, todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.

A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata finais de xuño

Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 ), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades, para niveles de iniciación ou perfeccionamento.

Exit mobile version