Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta proclámase defensora do sector pero en realidade goberna de maneira lesiva, asegura a Federación Rural Galega

NÚÑEZ FEIJOO MINTE CANDO AFIRMA QUE APOIA AO SECTOR LÁCTEO GALEGO

A Xunta de Galiza proclámase defensora do sector pero en realidade goberna de maneira
lesiva para os intereses dos productores/as de leite galegos/as
Lugo, 12 de Xuño de 2012. A pasada semana, parte dos axentes do sector lácteo galego
reuníronse co presidente da Xunta de Galiza Alberto Núñez Feijoo e coa conselleira do Medio
Rural e do Mar Rosa Quintana co obxectivo de facer unha posta en común sobre o futuro do
sector do vacún de leite.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA valoramos positivamente que haxa xuntanzas para dar
solucións ao sector lácteo galego, iso si, sempre que estean dirixidas para chegar á resolución
dos desequilibrios que existen entre o sector produtor por unha banda e o sector da industria e da
distribución pola outra. En lugar diso, parece que a Xunta de Galiza está máis preocupada en
enviar unha mensaxe artificial e valdeira de contido sobre os problemas que atravesa o sector e
en tratar de vendernos “fume”.
Se a Xunta de Galiza tivera verdadeiro interese en incentivar a comunicación entre os axentes que
forman parte do sector lácteo, principalmente entre produtores e industria, o que debera facer é
poñer a andar a mesa do leite, o observatorio do sector lácteo e a comisión de seguimento dos
contratos homologados, en lugar de ter todas estas ferramentas aletargadas. Só así se
conseguiría chegar a acordos en materia de oscilacións dos prezos, transparencia nas facturas e
garantía de rendas dignas para os gandeiros.
Desde a FRUGA pensamos que a esta Xunta de Galiza non lle queda nengunha credibilidade
cando di que vai facer propias as reivindacións do sector, xa que semella que fai anuncios nunha
dirección cando actúa no sentido oposto. Como prova disto lembrar as declaracións do propio
Feijoo de fai uns días onde “abogou polo incremento das base terrritorial das explotacións como
parte da estratexia conxunta entre administración e sector de vacún de leite” e por outra ten
conxelado o Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL) e incluso chegando máis aló e mesmo
potenciando a forestación terras agrícolas tal e como se recolle no proxecto da nova Lei de
Montes que está sendo debatida no Parlamento Galego a instancias do Partido Popular.
Outra mostra do pouco interese que semella ter a Xunta de Galiza no sector é a responsabilidade
que ten na baixada de prezos que están a sufrir as explotacións leiteiras galegas, isto explícase
en base á participación que a propia Xunta ten na empresa Alimentos Lácteos, que está a ofertar
leite á distribución con prezos por baixo do prezo de mercado. Deste xeito, primeiramente afecta
ao prezo que reciben os gandeiros que lle subministran leite á propia empresa e finalmente tamén
acaba provocando unha baixada no prezo a recibir polo conxunto dos productores de leite
galegos, xa que as outras empresas lácteas vense na obriga de ter tamén que baixar o prezo á
hora de ofertar o seu producto á distribución para poder manterse no mercado
En definitiva, a credibilidade da Xunta na defensa que di facer do sector lácteo galego queda
baixo mínimos unha vez máis cando ao pouco de terse celebrado esta xuntanza da que
falabamos nun principio, as industrias xa anunciaron novas baixadas de prezo. Por todo o anterior,
desde a FRUGA demandamos á Xunta de Galiza que deixe de facer propaganda e que traballe
para finalmente constituir o que o sector lácteo galego precisa: unha interprofesional láctea
galega

Exit mobile version