Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta a exposición “Déixame FozArte” na que 15 artistas presentan máis de 20 obras nas carboeiras de Sargadelos

“Déixame FozArte” trátase dunha exposición conxunta de 15 artistas da Mariña e do resto de Galicia, todos eles estudantes de Belas Artesa da Universidade de Vigo. “Déixame FozArte” amosa máis de 20 obras de estudantes de Belas Artes nas carboeiras de Sargadelos, cunha invitación que fan aos espectadores da mostra para que se involucren nas obras e traten de reflexionar sobre o que somos e o que poderiamos ter sido Poderase visitala ata o 15 de xullo nas carboeiras de Sargadelos de luns a venres, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Exit mobile version