Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo de inscrición en ciclos formativos de FP

Dende o IES Perdouro infórmannos que ata o 2 de xullo estará aberto o prazo de inscrición nos Ciclos Formativos de Formación Profesional. O IES Perdouro oferta os Ciclos Medios de Instalacións de Telecomunicación, Mecanizado, Peiteados e Cosmética Capilar,  Xestión Administrativa. En canto aos Ciclos Superiores, poderán cursarse os novos ciclos de Administración e Xestión, e Mantemento Electrónico. Na páxina web do centro educativo pódese consultar toda a información e documentación, así como descargar os impresos de solicitude de matrícula.

Exit mobile version