MANIFESTACIÓN DE AFECTADOS PARTICIPACIÓNS PREFENTES A MARIÑA
Despois de presentar as reclamacións pertinentes (Xa son máis de 120) o seguinte paso que vamos a dar vai a ser manifestarnos para reclamar o que é noso, os nosos aforros é o noso diñeiro.
Convocámosvos a todos o vindeiro VENRES DÍA 29 DE XUÑO AS 11:00H DIANTE DA PRAZA DO CONCELLO EN BURELA, despois de reunirnos todos alí, subiremos pola beirarrúa ata enfronte da sucursal de Novagalicia Banco situada en Avda. Arcadio Pardiñas nº 62., onde nos concentraremos en forma de protesta.
Eliximos Burela como primeiro lugar por ser un dos concellos que cadra céntrico para todo o mundo.
Esta manifestación será de forma pacífica, non cortaremos o tráfico en ningún momento nin entraremos dentro da entidade bancaria.
Convidamos a asistir a todo o mundo que sexa afectado, pense que pode selo ou que simplemente non estea de acordo co que están a facer os bancos etc.
Levaremos chalecos reflectantes para facernos ver, silvatos para facer ruído e podemos levar todo tipo de pancartas que consideremos oportunas.
AGARDÁMOSVOS A TOD@S O DÍA 29 AS 11:00H DIANTE DA PRAZA DO CONCELLO EN BURELA.