Site icon Crónica3.com A Mariña

Afectados polas Participacións Preferentes na Mariña reuniranse o sábado no Valadouro

Afectados polas Participacións Preferentes na Mariña reuniranse o sábado no Valadouro

Afectados Participacións Preferentes A Mariña

Xa son máis de 30 os casos confirmados de afectados por esta estafa bancaria na nosa
comarca , temos coñecemento que existen persoas afectadas nos seguintes concellos: O
Valadouro, Foz, Burela, Viveiro, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Trabada, A Pontenova,
Ribadeo e Barreiros.

Despois do comunicado enviado onte aos medios de comunicación recibimos unha
morea de chamadas, correos e contactos mediante a nosa páxina en facebook.

REUNIÓN INFORMATIVA
Este sábado teremos unha reunión informativa para proporcionar información aos
afectados e levar a cabo a creación dunha plataforma para a defensa dos nosos dereitos,
xuntos e unidos loitaremos pola recuperación do noso diñeiro.

Lugar: Casa da Cultura – Ferreira do Valadouro (Salón de actos)

Data: Sábado día 9 de xuño.

Hora: As 18:00h.

Convidamos a asistir a toda a xente que estea afectada, se nos quedamos de brazos
cruzados non conseguiremos nada.
Para calquera dúbida ou consulta podedes contactar con nós da seguinte maneira:

1- A través da nosa páxina en facebook: Afectados Preferentes A Mariña
2- No seguinte enderezo electrónico: afectadospreferentesamarinha@gmail.com
3- No número de teléfono: 608 191 779

Exit mobile version