Alumnos de 1º de Bacharelato do IES Perdouro visitaron a Cova do Rei Cintolo en Mondoñedo.
Da man de Abel Vigo, o alumnado descubriu o encanto que encerra este tesouro da xeoloxía galega. O guía explicoulles o gran número de formacións kársticas que se ven dentro: estalactitas, estalagmitas, columnas e coladas, entre outras.
Logo de dúas horas de exploración, os rapaces quedaron encantados coa visita que lles permitiu tomar conciencia do perigo que corre o deterioro do medio kárstico en Galicia e sensibilizarse pola conservación deste medio.