Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que a Xunta inviste en Mondoñedo en tres vías no rural

O Partido Popular local informa de que a Xunta de Galicia segue a investir en Mondoñedo posibilitando a adecuación de tres vías no rural da localidade

 A Xunta xestiona máis de 77.400 euros de fondos estatais e autonómicos para a adecuación de infraestruturas viarias en Figueiras, Argomoso, Seivane e Tronceda

 Os tres acometidos están englobados dentro do programa PEIM da Xunta de Galicia que procura a racionalización de obras no rural galego

 O PP local agradece a actitude colaborada amosada polo goberno da Xunta de Galicia con Mondoñedo

Mondoñedo, 19 de xuño de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo informa do arranxo de tres infraestruturas viarias no rural da localidade, xestionado con fondos do Programa Estratéxico de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM). A Xunta de Galicia é o ente encargado da coordinación dos fondos do PEIM 2010, a executar entre 2011 e 2012, con financiamento da administración autonómica e do goberno central. Desta maneira, os populares de Mondoñedo recordan que a Xunta segue a investir en Mondoñedo posibilitando a adecuación de tres vías no rural de localidade.

A Xunta xestiona máis de 77.400 euros para o acondicionamento de pistas e camiños no rural de Mondoñedo. As tres obras consensuadas co Concello son a reparación dos camiños da Coutada (Figueiras) e de Barral (Argomoso), así como a rexeneración do firme do camiño Seivane-Tronceda. O Partido Popular de Mondoñedo demandou en varias ocasións ao goberno local o arranxo destes camiños e agora agradece a xestión coherente da Xunta de Galicia, que permitirá axilizar os acometidos nas tres infraestruturas viarias.

Os populares recordan que o PEIM do ano 2010, a executar entre o 2011 e 2012, ten un orzamento de 28,5 millóns de euros. Dadas as necesidades existentes no marco da mellora en infraestruturas viarias nos concellos, a Consellería de Medio Rural decidiu orzamentar unha parte das obras, as acometidas durante 2011, por un investimento total de 9,5 millóns de euros. A contía pendente de executar este ano prevén de Ministerio, polo tanto a Xunta durante 2012 destinará 19 millóns a obras de melloras nos viais en zonas rurais de Galicia.

Exit mobile version