Site icon Crónica3.com A Mariña

As Escolas Deportivas de Barreiros organizan un campamento lúdico-deportivo nos meses de xullo e agosto

O CEIP DE SAN MIGUEL DE REINANTE ACOLLERÁ UN CAMPAMENTO LÚDICO-DEPORTIVO EN XULLO E AGOSTO PARA NENOS CON IDADES COMPRENDIDAS ENTRE OS 6 E OS 12 ANOS.

Barreiros, 27 de xuño de 2012. As Escolas Deportivas de Barreiros organizan un campamento lúdico-deportivo durante os meses de xullo e agosto para os nenos con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

Dito campamento desenvolveráse de luns a venres de 10 a 13:30 horas no CEIP de San Miguel de Reinante. O prazo de inscrición está aberto nas oficinas municipais do Concello de Barreiros. A cota é de 50 euros. Ofértanse, segundo a organización, 25 prazas en xullo e outras 25 prazas en agosto. Os interesados poden recabar máis información no seguinte número de teléfono: 626 000 566.

A presentación do campamento de xullo terá lugar o vindeiro luns, día 2, a partires das 10 da mañá. E a presentación do campamento de agosto será o día 1 dese mes tamén ás 10 da mañá.

Exit mobile version