Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura o PP que O IGVS ve imprescindible que o Concello tramite unha solicitude de área de rehabilitación integral para O Celeiriño

En resposta a unha pregunta formulada hoxe na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Urbanismo do Parlamento de Galicia

O DIRECTOR XERAL DO IGVS CONFIRMA A BALSERIO QUE O GOBERNO LOCAL DE VIVEIRO NEGOU ATA EN CATRO OCASIÓNS INFORMACIÓN SOBRE AS ACCIÓNS XUDICIAS CONTRA A EMPRESA CAUSANTE DOS DANOS DO CELEIRIÑO

 O deputado popular asegura que o Goberno bipartito municipal está caracterizado pola súa “inoperancia, ocultación e falta de transparencia” e polo “absoluto desinterese por dar solución a este problema que leva aos veciños a estar cansados de promesas incumpridas”.

 O IGVS mantén o ofrecemento de colaboración e sinala como imprescindible que o Concello tramite unha solicitude de área de rehabilitación integral para esta zona e así os veciños recibirían axudas autonómicas e estatais para a rehabilitación das vivendas, sen ningún custe para o concello.

Santiago, 15 de xuño de 2012.- O director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), Antonio José Boné, confirmou hoxe a preguntas do deputado popular Jose Manuel Balseiro que o Goberno local de Viveiro –presidido polo socialista Melchor Roel- negou ata en catro ocasións a información solicita sobre o inicio das accións xudicias que o Concello ten que dirixir contra a empresa causante dos danos do barrio do Celeiriño.

O IGVS requiriu esta información do Concello por medio de escritos remitidos nos meses de outubro, novembro e decembro de 2010 e febreiro de 2011. En ningún dos casos o concello respondeu a ditos escritos

O director xeral despois de lembrar que a orixe do problema foron unhas obras efectuadas por unha empresa privada e autorizadas polo Concello de Viveiro sinalou que “é lóxico pensar que debe ser o causante dos danos o que o repare e corra cos custes correspondentes”. Nesa liña, Antonio Boné urxíu ao alcalde a efectuar a reclamación xudicial indispensable para, entre outras peticións, recuperar uns cartos públicos que cuantificou en 890.680 euros investidos pola Xunta nas actuacións de emerxencia executadas tras o desmoronamento do barrio celeirense.

INOPERANCIA, OCULTACIÓN E DESINTERESE

Pola súa parte Jose Manuel Balseiro dixo que o Goberno bipartito municipal está a caracterizarse na xestión deste asunto pola súa “inoperancia e ocultación, pois se non houbera ocultación xa tería efectuado fai moito tempo esa reclamación xudicial que se acordou promover por unanimidad do Pleno Municipal”.

Balseiro cree que á “falta de transparencia total e absoluta” coa que acúa o Concello hai que sumar “o desinterese do Alcalde por dar solución a este problema” que –segundo explicou- “leva aos veciños a estar cansados de tantas promesas incumpridas”. De feito sinalou que “despois de catro anos os veciños non poden volver aos súas vivendas e estas están nunha situación moito peor, sin que ao Concello pareza importarlle”

O deputado mariñán sinalou que o que preocupa ao Grupo Popular é que se lle dea “solución definitiva” aos problemas que alí continúan para que os veciños “dunha vez por todas” sepan o camiño a seguir: “se poden volver as súas vivendas, se valen para rehabilitar, que se rehabiliten, e se non que se lles dea unha solución porque como sabe –expuso Balseiro- os veciños están fora das súas vivendas, están en vivendas de aluguer e loxicamente fora do Celeiriño e do que eran os seus fogares”

SOLICITAR UNHA ÁREA DE REHABILITACIÓN

En respota a esta cuestión Boné lembrou que as axudas que a anterior Consellería de Vivenda comprometeu “eran legalmente inviables, porque só se poderían aplicar en zonas rurais e núcleos históricos, características que non cumple o Celeiriño” e insistiu en que a “alternativa viable” é que o Concello de Viveiro solicite a área de rehabilitación integral para esta zona. A este respecto amosou a máxima colaboración e disposición do Goberno galego e lembrou que esta non é unha figura descoñecida para o Concello xa que en 1988 solicitou a área de rehabilitación integral para o conxunto histórico da cidade, sendo a segunda ARI que se declarou en Galicia.

“O Concello conoce de sobra os beneficios dunha área de rehabilitación e sabe tamén que as axudas para rehabilitación de vivendas procederían únicamente da Xunta de Galicia e do Ministerio de Fomento, sen custe para as arcas municipais” –dixo Boné- polo que resulta incomprensible que “varios anos despois aínda non fixera a súa solicitude” e por riba, “converta a Xunta de Galicia no blanco das súas reclamacións no canto de reclamarlle á empresa privada causante dos danos e responsable da súa reparación”

Exit mobile version