Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación ribadense O Tesón plantexará ós socios a petición dunha rúa co nome de Gilberto Suárez Méndez

Convócase a tódolos socios de O Tesón á asamblea xeral ordinaria que terá lugar na Casa do Mar de Ribadeo, o domingo 1 de xullo ás 12:00 en segunda convocatoria (ás 11:30 en primeira convocatoria, que non se fará por falta de quorum). Os puntos previstos na orde do día son: 1.Lectura e aprobación se procede, da acta anterior, 2.Presentación, e aprobación se procede, de contas e memoria de actividades, 3.Presentación de orzamento e programa de actividades, 4.Rogos e preguntas. Dentro do programa de actividades acordarase a xa tradicional viaxe societaria. Na asamblea plantexarase ós socios a petición dunha rúa co nome de Gilberto Suárez Méndez, que dende a diretiva da asociación creemos unha decisión xusta.

Exit mobile version