Na mañán do venres, día 22, tivo lugar no entorno da praia focega de A Rapadoira o acto, sinxelo e austero, da entrega das bandeiras azuis coas que este ano foron recoñecidos unha chea de praias, portos deportivos e outras instalacións que teñen que ver co ámbito mariño na dimensión turística. O evento estivo presidido polo titular da Xunta e a el asistiron os alcaldes ou representantes dos distintos concellos galardonados e outras autoridades autonómicas e público en xeral.É ésta unha experiencia que, dun xeito ou doutro, ven celebrándose anualmente pero que, según se dixo alí, de hai un tempo a esta parte faise cada ano nunha praia- elexida en función de diversas consideracións – de cada comarca da nosa terra, e sen dúbida que todas son merecentes de tal honra. Polo que a Foz respecta, e tamén se díxo, hai 25 anos, ininterrumpidos, que A Rapadoira ven facéndose acreedora a tal galardón; ou sexa, dende que éste se implantou; e nese sentido pode decirse que, nalgunhas atencións, foi unha adiantada. A nós constanos documentalmente que hai cando menos 70 anos o areal contaba con servicio de vixianza, pois o 5 de agosto de 1942 o concelllo, presidido por Paco Maañón, acordou nomear encargado da mesma a Manuel Niñe Fraga, cuxa obriga e cometidos serían; “ provisto dun bote vixiar, co carácter de axente da autoridade, que os bañistas non se bañen en lugares peligrosos nen cometan actos inmorais, e acudir coa urxencia que o caso requira ó salvamento dos que se atopan en perigro. Esta vixianza realizarase dende as 8 da mañán ás 9 da noite de tódolos días. Tamén vixiará que non se depositen na praia cabezas de pescado nen outros obxetos, procedendo á súa limpeza e a denunciar a tódolos infractores, e percibirá o xornal de 12, — Pts. diarias”; e decir coidaría a un tempo, da seguridade, evitaría actos inmorais, e asistiría coa prontitude que o bote a remo permitira na práctica dos posibles salvamentos, coidaría da limpeza e actuaría de policía denunciandio ós infractores. Todo eso durante 13 horas ó día por 0,17 €.
Hai 20 anos a Acia-Foz organizara, a nivel de Galicia, un concurso de fotografía baixo o epígrafe “O Foz turístico”, con premios importantes, que acadou, pola participación e a calidade dos traballos, un considerable éxito. A entrega dos galardóns asistiron algunhas autoridades, entre elas Alfredo Sánchez Carro, á sazón delegado da presidencia da Xunta en Lugo; ós postres na súa alocución lembrou que polos anos 50 o nombraran Delegado Provincial de Salvamento e Socorrismo; de contado percorreo as praias do litoral e era a de Foz a única que contaba cos medios precarios da época para as funcións mencionadas. Foz, neste aspecto, foi un adiantado.