Site icon Crónica3.com A Mariña

Carta aberta ao presidente Feijoó

CARTA ABERTA O PRESIDENTE FEIJÓO

Estimado señor.
Como vostede ben sabe os galegos temos fama de moi hospitalarios e de atender moi cortesmente os que nos visitan. E os veciños de Foz, como bos galegos, non podemos ser menos.
Así que os veciños de Foz, como bos galegos e hospitalarios que somos, desexámoslle que o vindeiro venres, no que visita o noso Concello, co motivo da entrega das bandeiras azuis, pase un moi feliz día entre nos.
Desexámoslle que disfrute de un bo dia, que o acompañe o bo tempo e que non lle xurda ningún contratempo.
Pero debe saber tamén que e unha norma de cortesía ente os galegos, que cando os invitan, fanse acompañar de algún agasallo ou detalle para o seu anfitrión.
E nese sentido queremos recordarlle que vostede pode agasallar a Foz con moitos detalles que ten pendentes e prometidos.
Nos soamente lle nomearemos un, que prometeron ata a saciedade, e nunca cumpriron. O servizo de urxencias 24 horas para Foz.
Como bo galego que se lle supón, confiamos en que non veña cos mans baleiras.
Cordiais saúdos.

Fdo.: Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública

Exit mobile version