
O hotel Vila do Val de Ferreira do Valadouro acolleu onte unha cata de viños Luís Canas, que contou coa presenza o enólogo das adegas, Óscar Cárdenas. Ao acto asistiron empresarios da comarca e tamén clientes do Vila do Val. Maria Hermida, a directora do hotel, cualificou de exito a cata, “esperamos organizar máis nos próximos meses. Quedamos con ganas de que vén máis xente, pero enchemos e non era posible unha maior asistencia”.