Cervo clausura o curso de tiro con arco no que participaron 15 persoas
-A actividade tivo moi boa acollida e xa son varios os alumnos que amosaron o seu interese por continuar practicando esta disciplina
O curso estivo impartido por Jorge Galante, adestrador acreditado pola Federación e pai de Gabriel Galante, o actual campión de España desta disciplina en menores de 14 anos e que tamén participou como alumno. Unha actividade que se desenvolveu no campo de fútbol da Veiga a meirande parte dos días, agás nas xornadas de chuvia, nas que se tivo que trasladar ata a Casa do Mar de San Ciprián.
O delegado de Deportes transmitiu a súa satisfacción polo “interese que espertou este curso na práctica do tiro con arco”, xa que “moitos dos participantes amosaron o seu desexo de continuar exercitándose nesta disciplina”. Un feito que para Soto supón “un paso máis no obxectivo do goberno cervense de fomentar a práctica de deporte, especialmente daquelas especialidades minoritarias” polo que “seguiremos traballando para diversificar os gustos deportivos dos cervenses e que todas as disciplinas teñan os seus seguidores e practicantes” xa que, segundo o concelleiro, “calquera actividade física é beneficiosa para a saúde e o benestar persoal”.