CINCO ANOS DE CRONICA 3 A MARIÑA
Despois foi NOSNET, onde tamén estaba outro amigo Brais, venderon aquelo como si fosen uns BILL GATES calquera..cun compromiso de que por un tempo non andarían montando ningunha historia na rede… pero por moitos menos cartos.
Nebril contarame un ano antes, a idea de Cronica3 A Mariña e pedirame colaboración, e tamén cumprín. Nas etapas anteriores tamén botei unha man, semana tras semana, estivera en Xunqueira, Paris, Milán ou onde a busca do pecunio me leva, mando o meu articuliño, que sempre publican integro, sen cortapisas nin censuras, e iso nos tempos que corren onde exercer a propia liberdade en voz alta séguese pagando duramente, é de agradecer.
A axenda política, e falo de política no real sentido do termo “Facer unha mellor Polis” que dicía Gramsi.
A realidade de cada novo día marca, cada vez máis, os medios de comunicación. Desde primeira hora, arroxan os temas a tratar na xornada que todos teremos que afrontar. A sociedade da información garante, en boa medida, a calidade democrática. Así pois, a conformación das correntes de pensamento precisan dun tratamento idóneo da noticia e de amplitude de miras sobre unha xestión pública que, sen dúbida, agora máis que nunca, require dunha concepción sobre a política máis estruturada e depurada.
Hai rutinas que permanecen co tempo, pero as rotativas andan famentas de cartos e publicidade. E o futuro é o dixital que será o que ofreza a última hora e ten o encargo tan épico como difícil de brindar a opinión, a análise e a profundidade sobre o que está ocorrendo para que o lector dispoña das claves fundamentais, e poder entender a actualidade que nos concirne.
Agora que se fala tanto de emprendedores e visionarios de novos negocios, non ven mal atoparse a fondo cunhas biografías que, poñendo moito tempo e cartos do seu peto potenciasen industrias culturais e de comunicación beneficiosas para o xurdimento dunha autentica liberdade de expresión.
Gracias pois a Manolo Nebril, a Emilio Legaspi e a tantos outros que os secundaron ou animaron nestas boas ideas e larga vida a CRONICA3 A MARIÑA, que por agora e un neno con moitas ocorrencias e tempo para desfrutalas .
Otero Regal