Na Academia A Mariña en Burela concluíu o curso de camareiro/a de pisos que deu comezo o pasado 2 de maio. O curso foi organizado polo propio centro e por Cáritas. Dos 15 alumnos/as participantes un xa conseguiu traballo e outro máis iniciou prácticas nunha empresa.