Site icon Crónica3.com A Mariña

Constituíron en Alfoz e Ferreira a Asemblea Nacionalista Aberta do Val do Ouro

CONSTITUCIÓN DA PRIMEIRA ASAMBLEA NACIONALISTA LOCAL NA MARIÑA

A día de onte sete de xuño un grupo de persoas todas elas veciños do concellos de Alfoz e de Ferreira do Valadouro, vimos de constituirnos como Asamblea Nacionalista Aberta do Val do Ouro, integrada por persoas a título individual e co obxectivo de confluir
no proceso que se iniciou o abeiro do Novo Proxecto Común, de creación de unha nova forza polítca galega. Nesta primeira xuntanza constituinte tomase a decisión de nomear os represntantes desta Asamblea que acudirán a xuntanza da Asamblea coordenadora de Teo convocada para o próximo dezaseis de xuño, ese mesmo día pola tarde no centro Sociocultural do Valadouro en Ferreira ás 20.30 celebrarase o primeiro acto promovido por esta Asamblea consistente nunha charla-coloquio na que se contará coa presenza
de Xose Manuel Beiras Torrado.

Exit mobile version