Site icon Crónica3.com A Mariña

Das meigas e do San Xoan

DAS MEIGAS E DO SAN XOAN

A celebración do San Xoan xira en torno á noite meiga da véspera: a tradición das fogueiras, e canto arredor delas se produce relativo ás costumes, crencias e supersticións, forma parte de vellas prácticas enraizadas no pobo galego que perduran a través dos tempos, aínda que alguns usos dos devanceiros foron esmorecendo ó longo das xeracións.

As supersticións estaban presentes na vida cotiá, e os vellos mariñeiros non eran alleos ó fenómeno. Un amigo, escudriñador do pasado das nosas xentes, que atopa abondosa información, contounos cómo en tempos, antes de saír ó mar, os mariñeiros levaban as súas fillas, mociñas virxes, a mexar polos aparellos que naquela marea ían a utilizar; crían que tal rito lles melloraría a sorte.

Outro proceder era que, varadas pola noite as lanchas na ribeira, unha coñecida meiga, cunhas herbas na man, a modo de hisopo, bendecía a embarcación, ó tempo que decía :“Pescaria pola proa; pescaria pola popa; pescaria por babor; pescaria por estribor, avos de axudar o Noso Señor”.

A crencia nas meigas, e a soa dalgunha, facía que certa muller recibise a chona de tódalas lanchas: ninguén a negaba por temor a que a enmeigase; ou que os mariñeiros non pasasen coas redes por certa rúa na que vivía outra que, ademais, tiña fama de maléfica…

Pero por estas datas, aparte do vello ritual das fogueiras, con todo o seu simbolismo lúdico, máxico e embruxado, en Vilaronte celébrase festa, a romaría do San Xoan, patrono da parroquia; non sabemos dende cando, pero temos o testemuño de hai mais de cen anos: o “¡Guau… Guau!” de xullo de 1906, decía :“No nos metamos a averiguar si San Juan tiene o no perro. Son intimidades que no interesan a “¡Guau… Guau!”, aún tocándole de cerca por ley incontrastable de la raza. Nuestro ladrido de hoy refiérese a la romería que en honor de ese santo celebra el pueblo de Villaronte.

Una romería es siempre alegre, simboliza la vida del espíritu. Es verdad que no existe la romería típica de que nos hablan los viejos, pero aún queda algo: el amor a la fiesta. En ella, la mujer representa el papel más importante, y en la romería de San Juan las hubo bonitas de verdad, simpáticas, sugestivas… Otro de los encantos de la fiesta, otra de las notas alegres, y más que alegres, simbólicas, fue la gaita, la melodiosa, la tierna, la incomparable gaita gallega. ¿Y quién se resiste a la emoción cuando se percibe ese dulce bullicio que forman los trinos del punteiro, el repiquetear de las campanas, el estampido de los cohetes y el cantar hondo y sentido de las mozas? Regresamos de noche ya, una noche cálida de junio, y lo hicimos pensando en lo que habíamos visto, en aquella algazara sencilla, en aquella orgía inocente, nada más que alegre, en aquel reir y gozar espontáneo…”

Suso Fernández

Exit mobile version