Quixera dende eiqui, amosar a miña queixa pola discriminación que están a sofrir algunhas áreas da parroquia de San Xorxe. Vai de estradas. Amañaron case que todas as da parroquia, pero esqueceulles a que vai a Paraños e Adellao. Cada día está mais desfeita. Ata cando ?
Na estrada que vai a Canedo hai un badén dende fai tempo, puxeron as sinais, e ultimamente ata pintaron a estrada, pero de arranxar o gran badén, nada de nada. O millor é necesario un gran proxecto que leva tempo facelo. Será coma o Gaiás?
Lourenzo